Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Andrea González Penela: "ANEGA é o único sindicato de estudantes presente en Lalín"

"Organizamos o Rock and Rap porque fai falta máis participación da xente e o festival é unha boa forma de promocionarnos"

Noa Madriñán e Andrea G. Penela nun acto reivindicativo en Lalín.

A Asemblea Nacional das Estudantes Galegas, máis coñecida como ANEGA, organiza hoxe no Campo da Feira Vello de Lalín unha noite de festa e completame de balde, para celebrar o finde curso universitario e dar unha boa despedida ó ano. A velada dará comezo ás 22.30 horas e contará coa actuación de seis grupos que animarán ao público a bailar e saltar. O cartel desta segunda edición componse por catro grupos de rock -Tu mujer nos engaña, Cuarta Xusta, DeLombaos e Leo i Arremecághonacona- e dous intérpretes de rap, Burgas Vandal e TOC. Cada grupo ofrecerá un mínimo de 45 minutos de espectáculo sobre o escenario. Andrea González Penela acaba de rematar os seus estudos en bacherelato e forma parte da organización en Lalín.

-Cal é a función de ANEGA?

-ANEGA é unha asociación de estudantes creada en abril do ano pasado. Ten como fin promocionar e retomar o movemento estudiantil que estes anos está un pouco parado. Loitamos por unha educación en galego, laica, feminista... Igualitaria, en resumo, como debería de ser.

-Realizan moitas actividades?

-Sí, facemos charlas, obradoiros... Unha das máis importantes é a de organizar á xente para que acuda ás folgas... Todos os meses faise unha reunión con todos os membros participantes para falar como están funcionando os proxectos e aportar novas ideas. Esto tamén se realiza de vez en cando en Santiago de Compostela con todas as delegacións que ten ANEGA en Galicia, para poñer máis ideas en común.

-Que papel ten ANEGA en Lalín?

-É o único sindicato que apoia ó estudantado agora mesmo, e paréceme algo fundamental. Calquera estudante con ganas de mellorar pode formar parte e será seguro moi beneficioso para eles. En Lalín eramos 17 asociados, agora somos 11 porque parte marcharon a estudiar fóra. Facemos asamblea unha vez ó mes, ás veces reunímonos no auditorio, outras en cafeterías ou en casas propias, depende da ocasión e a dispoñibilidade dos participantes.

-Como xorde a idea de celebrar o Rock and Rap?

-Pois retomamos a idea do ano pasado para promocionar o movemento estudiantil e animar á xente a participar nel. Os grupos que van actuar son rapaces xóvenes, na maioría estudantes, e que tamén participan en asambleas. Facémolo en Lalín porque aquí fai falta máis participación e é un modo de darnos promoción para que poidan coñecernos.

-Como financian os concertos?

-Axúdanos o Concello, en parte. Os grupos veñen de maneira gratuíta, non van cobrar nada. Tamén vendemos rifas para que o público poda colaborar.

-Como se puxeron en contacto cos grupos que van actuar?

-Pois a través doutras asociacións ou porque eles se puxeron en contacto connosco para colaborar outro ano máis. Gustaríanos que esta edición a xente sexa máis participativa e se anime a vir, trátase dun plan diferente e seguro que estará moi ben

-Cal é a maneira de facerse socio de ANEGA?

-Os que queiran asociarse poden mandar un correo electrónico a anegalalin.silleda@gmail.com ou poñerse en contacto coa asociación a través do seu perfil nas redes sociais.

Compartir el artículo

stats