Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Un día de luz para Codeseda

A parroquia recuperou a procesión da Grela tras máis de medio século sen celebrarse

Imaxe da procesión da Grela celebrada o pasado sábado en Codeseda. // Bernabé/Luismy

Xa os nervios deixaron de remoer no estómago, as palmadas no ombreiro e os parabéns esquecidos, pero co bo sabor de boca, déixome levar para contar como se desenvolveu todo isto é para darvos as grazas a todos.

Todo isto que vos vou contar, comezou en unha casa moi preto do santuario da Nosa Señora a Virxe da Guadalupe do lugar da Grela(Codeseda), sendo preto das 22.00 horas do día 22 de febreiro do ano en que nos atopamos. A xuntanza tiña a finalidade de tratar da festa tanto sacra como lúdica da Virxe da Grela. Esta mesma noite quedou rematado o trato de orquestras e tomáronse outros acordos, entre eles, crear unha cofradía ou irmandade para o sostemento da festa, o de retomar a procesión desde Codeseda con imaxes ata a Grela e o reparto do traballo que tiñamos por diante.

Mantivéronse tres xuntanzas máis, para que cada un comentase como levaba o traballo encomendado, discutir que imaxes sairían na procesión, reparar andas, brazos, etc. Pero non desexo esgotalos, por tanto pasemos ao día da procesión.

O sábado día 5 de setembro, oi un día cheo de luz para Codeseda. Un pouco antes das 18.00 horas, daba comezo despois de máis de medio século sen celebrarse a procesión da Grela. Da igrexa parroquial e sobre os ombreiros de homes emulleres, portábanse as imaxes de San Roque, Santiago e do patrón San Xurxo, ata o cruceiro da carballeira, onde serían transportados por vehículos ata o Alto da Cruz, polas novas pistas de concentración parcelaria. Cando chegou a procesión ao cruceiro da carballeira, as romeiras e romeiros máis vellos da parroquia tiñan os ollos vermellos, as bágoasmanaban dos ollos, deixando un regueiro na cara curtida polo sol e o vento nos traballo do campo. Díxome unha señora, que se atopaba mirando a procesión, cos ollos cheos de bágoas, "a xente estábamos desexando isto, eu estou moi emocionada". Non lle puiden responder. Un nó na gorxa no me deixaba falar. Atinado era mestura de sentimentos, devoción, añoranzas, lembranzas, un pouco de todo.

Chegamos á Cruz da Grela. Alí se atopaba a Virxe de Guadalupe, acompañada dun numeroso grupo de persoas. Os santos lle fixeron a reverencia ante centos de persoas que se apiñaban nunha ampla explanada, o son do himno galego, despois recitado de poesías todas moi ben recitadas, para seguidamente depositar o ritmo do antigo himno de Galicia, un ramo de flores na Cruz, en memoria de todos os finados. De seguido houbo procesión de todas as imaxes. Abría a comitiva San Roque, Santiago, San Xurxo e a Virxe de Guadalupe, botándose a andar camiño do santuario de Guadalupe na Grela. Unha vez diante da porta principal do santuario as imaxes mantíñanse nos ombreiros, mentres as cantareiras dedicaban unhas coplas o son de pandeiretas. Remaron os actos coa celebración da santa misa. A noite houbo festa gastronómica con cea de costelar de tenreira o espeto, polbo, empanada, etc. Durante a cea, o presidente da Asociación Socio Cultural para o Desenvolvemento de Rianxo " A Moreniña" Ramón Iglesias Sánchez, fixo entrega dun cadro coa Virxe de Guadalupe de Rianxo, para a futura cofradía da Grela. recolleu o presente o reverendo Rubén Diéguez Gutiérrez, acompañadopolo concelleiro de Cultura e Medio Rural Juan Constenla. E para rematar verbena.

O domingo, un mundo de xente durante as misas da mañá e da solemne con procesión, na que os máis cativos sacaron en ombros a san Ramón Nonato.

Chega a hora de facer os agradecementos, comezarei por o crego Rubén Diéguez, quen abandeirou esta empresa. Seguirei por todos aquelas e aqueles que soportaron estoicamente o peso das imaxes, durante a procesión, os que puxeron os vehículos para transportalos, a xente das parroquias limítrofes, Arca, Liripio, Parada, Ribela, Sabucedo, Souto, etc. Os veciños próximos do Concello de Forcarei e, como non podía ser de outro xeito, os veciños de Codeseda, por estar aí, por apoiarnos, e por colaborar en todo o que se bos pide. Os veciños de eses fermosos lugares do rural galego que e a Grela, Bugalleira, e o Coto, por participar de forma desinteresada en todos os actos para o bó desenrolo da festa. Os medios de comunicación, Faro de Vigo, con ese conxunto de periodistas excepcionais, sempre dispostas a botar unha man. La Voz de Galicia. Radio Estrada, facendo entrevistas e publicidade. Codeseda.com, por estar sempre tan pendentes de nos, espallando por as redes sociais mais de 200 fotos da procesión, e brindando sempre a súa colaboración. Ao home do tempo Santiago Pemán, pois con mais de 15 días de antelación confirmou un día de sol espléndido e atinou. O presidente e membros da Asociación Socio Cultural para o desenvolvemento de Rianxo " A Moreniña" por acompañarnos e colmarnos de agasallos. As mozas que recitaron as poesías. A esas mulleres que día tras día decoraron a igrexa. As Cantareiras. Os Particulares e empresas con axudas económicas. Os que de forma silenciosa pero eficaz puxeron a seguridade na procesión, membros de Protección Civil, os corpos e forzas de seguridade, Policía Local, e por último deixo a Garda Civil, por que o que escaravella estas liñas síntese moi orgullo de levar uniforme tan honroso como o deste corpo.

Moitas grazas a todos.

Compartir el artículo

stats