| O grupo de música tradicional Bico da Balouta, de Agolada, escolleu o enclave dos Pendellos para celebrar os seus 20 anos e presentar o seu primeiro traballo discográfico, Na Praza da Randulfa. A ducia de compoñentes organizou un acto ó que acudiron antigos membros e directores desta formación que agora coordina Manuel Varela. Houbo agasallos para todos e tamén unha exposición de fotos antigas. A xornada rematou cunha cea en Ponte Vilariño, pois o grupo formouse nesa parroquia e ademais leva o nome dun dos montes máis coñecidos do municipio. O disco recolle nove temas galega e grabouse en Arzúa. Editaranse mil copias.