O acoso das hidroeléctricas esixe relocalizar Pontapedre

24.03.2013 | 11:05

Está profusamente documentado que a edificación da capela de Meilide tivo por promotor ao crego Pedro Lourenzo, parente de Sarmento. Conforme se le nunha inscrición da parede de poñente, o templo foi construído no ano 1734. Daquela, baseándonos nas datas, a curricaina da Ponte Piñoa debeu acontecer non antes da décimo oitava centuria. Se Sarmento viu a ponte atravesar, coma miñato, o ceo de Cerdedo, é evidente que esqueceu amentalo nos seus escritos.
O contento dos de Meilide constrastou co enfastío dos de Caroi. Por aquelar a eiva, axiña se ordenou erguer outra ponte, a ponte da Cavadosa, lexítima de canteiros, para comunicar ambas as dúas parroquias (Cerdedo e Caroi) e, hoxe, ambos os dous concellos (Cerdedo e Cotobade).
Como cadaquén ten o seu demo na cabeza, os hai que negan o transporte vía aérea da Pontapiñoa. En troques, aseguran que "a ponte da Cavadosa é obra do demo" que a enxeñou encadeando unha sonora espirradela, posto que, as constantes inmersións nas augas frías do Seixo lle depararan unha aguda catarreira. Ora o amor do diabo non era de papel, ora se lle pode aplicar aquilo das tetas e das carretas. "Cando vaias pra Caroi, ten coidado no camiño, que che está o demo metido nun buratiño".
De calquera xeito, moito nos acaerán as artes do demo se, no futuro coma no pasado, o acoso das hidroeléctricas esixe, por exemplo, a relocalización da medieval Pontapedre.

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


 
Enlaces recomendados: Premios Cine