Manuel Dobarro Fernández - Mestre do IES Marco do Camballón

"Pretendo desvelar as falsas crenzas que hai sobre a realidade galega"

Fai un traballo sobre O Corpiño que rebate as teses do profesor de Oxford Raúl Iturra

 02:03  
Dobarro, onte, perto da súa casa en Vila de Cruces.
Dobarro, onte, perto da súa casa en Vila de Cruces.  Bernabé/Javier Lalín

ÁNGEL GRAÑA - VILA DE CRUCES É profesor de Xeografía e Historia no primeiro ciclo da ESO no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, e conta con dúas licenciaturas en Filosofía e Ciencias da Educación. Naceu en 1950 na parroquia lalinense de Vilatuxe e mantén uns fortes vínculos coa capital de España, onde residen moitos amigos e onde traballa o seu fillo. Manuel Dobarro perfila estes días un singular traballo que tén como cerne o ritual que cada ano leva a miles de devotos ao santuario do Corpiño. Fáltanlle cinco asignaturas para rematar a que sería a terceira carreira, Antropoloxía, deste erudito lalinense.

–Vostede xa ten varias licenciaturas. Por qué e cándo xurde a necesidade de facer unha carreira como Antropoloxía?

–Estoume facendo antropólogo porque me retou o chileno Raúl Iturra. Díxome que só podería rebatilo cando fose antropólogo, e agora quédanme catro asignaturas para rematar a carreira na UNED, dúas de cuarto e outras tantas de quinto.

–Qué é o que non lle gusta das teorías que defende Iturra no seu trabalo “Antropología económica de la Galicia rural”?

–É que o que expón nun textos seu que está colgado en internet non se corresponde coa realidade actual de Galicia, e en concreto con Vilatuxe. O que o lea pensará: “Imos á reserva espiritual de Europa a ver se tocan o tam-tam”.

–Cómo se pode explicar que todo un profesor de Oxford teña unha visión tan medieval da Galicia actual baseándose, por exemplo, no rito do Corpiño?

–Non o sei. Iturra chegou a Santiago no 74 porque viña fuxindo da ditadura de Pinochet e despois estivo en Vilatuxe onde, por certo, lle deron moi ben de comer. Dóeme que algúns queiran facernos parecer como a tribus de Tanzania, porque Iturra non é o único, está tamén Carmelo Lisón e o seu libro “Endemoniados en Galicia” que tambén expón unha visión incrible do rural galego. O meu traballo sobre O Corpiño é un traballo de investigación no que pretendo desvelar as falsas crenzas que hai sobre a realidade galega porque por aí fora hai xente que pode chegar a pensar que todo o que se escribe sobre o asunto é certo.

–Xa ten un título definitivo para o escrito sobre o que se vive cada ano no Corpiño?

–Precisamente se chama “Falsas crenzas da realidade galega. O Corpiño”. Dende o punto de vista de cómo se ven as cousas, O Corpiño é un rito que nace da teses do culto ás reliquias, pero iso é propio do medievo. Galicia cambiou moitísimo dende entonces, e por iso ninguén pode crer o que falan tanto Iturra como Lisón porque é todo tan anacrónico que resulta complicado soster teorías tan pouco reales sobre como é hoxe Galicia.

–Supoño que en sitios como Madrid este tipo de tesis incluso poden chegar a calar.

–O outro día en Madrid, tomando un café, os compañeiros e amigos que teño alí tambén me decían que Franco tiña no seu poder o brazo incorrupto de Santa Teresa e iso, vamos, é unha coña porque hoxe niguén pode asegurar con rigor que fora certo. Por iso digo que hai que loitar contra ese tipo de xente que convirte en certo a súa percepción da realidade sen comprobar si é verdade ou non e desenmascaralos.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya