Loureiro e rosas para Varela Buxán

Os escritores da zona renden unha homenaxe ao patriarca do teatro no luns de Pascua de Cercio

 
Pousa Antelo e un sobriño de Varela Buxán, Manuel, depositaron dúas rosas sobre as tumbas do dramaturgo e a súa dona.
Pousa Antelo e un sobriño de Varela Buxán, Manuel, depositaron dúas rosas sobre as tumbas do dramaturgo e a súa dona.  Bernabé/Gutier

A parroquia lalinense de Cercio celebraba onte a festividade do luns de Pascua, á que antano tamén acudía un dos seus veciños máis insignes, Manuel Varela Buxán, en compaña doutros escritores e amigos como Avelino Pousa Antelo, Xosé Vázquez Pintor ou David Otero. No ano do centenario do seu nacemento, estes intelectuais quixeron rendirlle onte unha ofrenda floral na súa tumba, na que tamén participaron os veciños da parroquia. Sobre o panteón descansan dúas rosas, mentres que ao pé do seu busto se depositou unha coroa de loureiro.

SALOMÉ SOUTELO - LALÍN O escritor melidense con raíces en Agolada, Xosé Vázquez Pintor, lembraba onte que o 12 de abril de 1969, hai corenta anos, “veu dende Bos Aires á Pascua de Cercio o actor Fernando Iglesias, alias Tacholas, coa súa esposa Sabela”. O principal actor da compañía fundada por Varela Buxán en Arxentina sumábase así á festa que pola Semana Santa celebraba o dramaturgo na parroquia lalinense é á que tamén estaban invitados o propio Vázquez Pintor, Avelino Pousa Antelo ou David Otero.

Catro décadas despois e aproveitando que neste ano se conmemora o centenario do seu nacemento, un grupo de amigos entre os que ademais se atopaban Fernández Abella, Paco Lareo ou Mini e Mero –do grupo A Quenlla–, voltaron a Cercio, acompañados de lembranzas e de versos para o escritor e tamén practicante. Ao remate da liturxia e arroupado polos veciños de Cercio, Vázquez Pintor encetou un evento no que comezou gabando o legado literario de Varela Buxán e a presenza de Avelino Pousa Antelo, outro patriarca das letras que, con 94 anos e unha rosa na man, dixo do autor de Cercio que “é un amigo que sempre serviu á terra e á xente”. Na súa homenaxe, Pousa Antelo estivo secundado por un dos sobriños de Varela Buxán, Manuel, quen depositou outra rosa sobre a “cova” do matrimonio.

Nun discurso cheo de galeguismo pero deslucido polas bombas de palenque –a homenaxe non fora anunciada previamente á organización das festas–, as palabras de David Otero tamén lle pediron a Varela Buxán e á súa dona, Luisa, que seguisen presentes na memoria “para marcarnos o camiño na resistencia, construíndo o agardo nas esperanzas”. Otero rematou a súa intervención con un contundente “queremos proclamar que outra Galicia é posible, e tén que ser eterna a ledicia dos pobres traballadores, na patria liberada e popular”.

Desfile do Cocido

Prologou estas palabras unha coroa de loureiro ornada cunha bandeira galega, trenzada o domingo en Quián (Agolada) e que Otero e Vázquez Pintor depositaron sobre o panteón, pero que posteriormente sería colocada ante o busto do insigne escritor. Con este acto, dase por rematado o paquete de actividades de conmemoración do centenario, que xa comezara o pasado 2 de marzo cunha ofrenda floral por parte do concello lalinense e que tamén contou cunha exposición de obxectos persoais de Varela Buxán nos colexios do Foxo e Xesús Golmar. De igual modo, os veciños de Cercio xa lembraran ao escritor cunha recreación de varias obras teatrais nunha carroza que gañou o primeiro premio do desfile da Feira do Cocido, o pasado 15 de febreiro. Nela escenificábanse esceas de “Casados de pouco” ou “Taberna sen dono”, entre outras.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »




Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »




Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya