Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A importancia da "Liga Gallega" e das asambleas agrarias de Monforte que afondaron nas necesidades de Galicia

As ansias políticas de liberación marcouse na "Liga Gallega" do 1897, creada na Coruña para a defensa de Galicia, sigueu adiante as campañas de "Solidaridad" de 1907, co "Catecismo" dirixido ós labregos.

Afianzandose con motivo das "Asambleias agrarias" de Monforte de Lemos (Lugo) de 1910 que profundizaron nas necesidades de Galicia, alentadas por "Acción Galega" e o predicamento de Basilio Alvarez.

Pero foron as Irmandades da Fala, iniciadas por Antón Vilar Ponte en 1916, as que abriron o novo ciclo de reafirmación galega.

As " Irmandades da Fala", a "Irmandade Nacionalista", e por último o "Partido Galeguista" (este creado en 1931 como vanguarda do galeguismo dentro da República), marcan as tres fases evolutivas dun mesmo movimento de liberación galego, que se caraterizóu pola súa eficacia, tanto no terreo da política como da cultura.

Os galeguistas celebraron Asambleias memorables: en Lugo (1918), Santiago (1919, 1932, 1933, 1934, y 1935), Monforte (1921), A Coruña (1922 e 1930) e Pontevedra (1931). Ben se pode asegurar que nunca se coordinaron as varias ideoloxías, os varios esforzos e as varias ambicións de Galicia, ata que apareceron os "galeguistas". E a proba da súa eficacia está no Estatuto presentado nas Cortes da República.

Co dito abonda para probar que o autonomismo galego ven de moi lonxe e de moi adentro.

E o próximo día probaremos, igualmente, que o Estatuto de Galicia non foi un reflexo dos Estatutos Catalán e Vasco como acostuman a dicir os nosos enemigos políticos senon un documento elaborado por propia e espontánea decisión dos galegos que nas artes e nas ciencias políticas nada teñen que aprender dos demais españoles.

Compartir el artículo

stats