Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os galegos residentes na Habana apostaban polo rexionalismo para ter unha "patria" propia

No ano 1889 os galegos afincados na Habana (Cuba) pubricaron "El Regionalismo Gallego" de Murguía" no que quedou ben sentado que Galicia é unha lexitima nación con dereito a vivir a súa vida en completa liberdade.

Como adhesión a doutrina de Murguía, saiu a luz, na mesma cidade, un documento asinado por máis de mil douscentos emigrados, no que se acusaba ao Estado español de ser un "Organismo monstruoso", causante de que "los gallegos no puedan vivir en su tierra".

O lema dos galegos de Cuba era éste: "Seamos regionalistas y tendremos patria".

Así comprendese que a bandeira azul e branca da nova Galicia ondease por primeira vez no Centro Galego da Habana e que fora tamén eiquí onde se cantase, por primeira vez tamén, o himno que hoxe todos os galegos escoitamos con reverencia.

Os centros galegos que se crearon noutros países tamén tiveron un sentir moi parecido ao que se respiraba en Cuba, illa que acolleu unha morea de emigrantes galegos a finais do século XIX e XX como se reflexa en moitas das páxinas da recente historia de Galicia.

Compartir el artículo

stats