Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

OPINIÓN

Escavando (os accesos á) Chan de Arquiña

Leo no Faro do 24 de marzo que a Diputación vai promocionar diversos lugares da provincia como Chan da Arquiña, en Moaña. Loable idea. E seica lle chamarán "Escavando no noso pasado". Vaille ao pelo. Descoñezo se Carmela Silva e Héitor Mera teñen ido algunha vez. Se así fose, subindo pola CF-402 desde San Lourenzo ou desde a carretera ao Lago de Castiñeiras, se decatarían de que é unha broma pesada que titulen "Escavando no noso pasado" a ese "proxecto de promoción turística". Vergoña debería darlle á clase política local, provincial, autonómica - ou a quen diaños lle corresponda esta estrada - manter un vial nunhas condicións nas que se asemella a un territorio bombardeado dende o aire, cuns socavóns que van dun lado a outro e nos que o endeble asfalto de principios de século (pasado) literalmente non existe en moitos tramos. Unha indignidade difícil de explicar ao visitante sen que che veñan os colores á cara. Hai que quererlle moi pouco ao teu coche se queres ir a xantar a aquela área recreativa ou amosar o dolmen da Arquiña aos teus amigos ou mesmo ensinarlles a paisaxe dende o Monte Faro. Unha magoa. Outra.

(*) Veciño de Moaña

Compartir el artículo

stats