Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Amigos da Unesco

Semore lle estaremos agradecios á Unesco por permitir, durante o franquismo, que grupos de oposición mormente xovenil constituisen en Madrid un clube legal amparado no seu nome. No Club de Amigos de la Unesco de Madrid estaba tamén a UPG. De modo que, grazas ao amparo da Unesco partiron de Madrid o manifesto da UPG contra a invasión do Val do Miño perpetrado por esa Fenosa que agora marchou da Cataluña onde non sabiamos que tiña a súa sede central. E outras moitas estorias.

Non é a primeira vez que o fan, pero este abandono da Unesco por parte dos EE UU é un signo revelador de que o Imperio se estáse retirando. Retírase o Imperio e a súa principal provincia, sofre unha crise de identidade que se iniciou coa entrada dos independentistas anticomunistas do Leste de Europa e se agudizou coas actuais aspiracións dos independentistas do Leste da Península Ibérica. Xa se retiraran os EE UU da Unesco cando esta organización pretendía levar adiante unha Nova Orde Informativa Mundial, contra o monopolio e a hexemonía do Imperio.

Para os Estados Unidos, a Unesco está lonxe, en París, e poboada por pretos e por comunistas amigos dos pretos. Non o din abertamente, pero o apoio da Unesco a unha educación universal, poño por caso, ao de tino social, e non lucrativo, da ciencia, non lles chista nada. Detestan que a Unesco non combata a educación e mediciña cubana, poñamos por caso. En realidade, o que fixeron os EE UU non foi senón un xesto que nin mesmo tivo demasiado eco.

No mundo multilateral, co rexurdir da Eurasia, e coa emerxencia do socialismo do século XXI, eu miro a Unesco máis forte ca nunca. Por moito que o Imperio diga que se vai, non poderá facelo ao completo. Por unha razón, e ela é que, alén das cuotas dos países e das doazóns filantrópicas que recibe, a Unesco, ten dereito a un apoio económico permanente da ONU da que forma parte, e os EE UU forman parte da ONU. Sobrevivirá a Unesco despois de os EE UU irse embora (etimoloxicamente). As ideas centrais que a Unesco defende son de natureza diamantina.

Compartir el artículo

stats