Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Unha raiola de Luz

Non, non se trata daquela primeira película de Pepa Flores nena, que tanto nos emocionaba de cativos. O raio que alumou Cerdedo este pasado sábado era de vivísima luz, de Luz Fandiño, para sermos exactos.

A sempre moza poetisa honrounos coa súa grata presenza e a súa sabia experiencia expresada nese seu verbo doce sempre lúcido, vaia a redundancia.

Foi mágoa que o persistente orbalho daquela manhá nos impedise celebrar o acto de homenaxe na emblemática carbalheira da Arrotea en Fondós, tal como estaba programado, mais a cousa ficou subsanada grazas a amabilidade da xente do restaurante O Meu Lar, na Rúa das Longas, que non dubidaron en ofrecer o seu local para acolher este singular evento. A boa disposición destes amigos é dabondo conhecida por nós.

Foi algo único, histórico. A homenaxeada recibiu algúns sinxelos agasalhos ( salvoconducto de Capitán Gosende, bastón de mando, poemas...) que recolheu agradecida e emocionada e -diría eu- mesmo nerviosa, tal é a grandeza do seu corazón.

E alí estaban nada menos que o trovador gardés Tino Baz, a xente de Treixadura, Caruncho..é dicir; de cada casa, o melhor. Foi un luxo escoitalos tocar e cantar. Foi un destes recitais que pilhas un na vida. E, entre eles, Luz, que tamén cantou, recitou...e non bailou aínda que ganas non lhe faltaban. Iso si; a todos nos agasalhou con esa doce Luz que despiden os seus xoviais olhose e a todos nós deixou claro en que consiste " O pracer de envelhecer.

O sábado, Cerdedo -que non París- foi a vila da Luz, a Luctecia de Montes. Tino dedicoulhe " 10.000 anos de Luz ", composta para ela. Vívenos moitos, moitos anos queridinha porque...como habemos vivir manhá sen a luz túa?

*Veciño de Pedre e membro de Capitán Gosende.

Compartir el artículo

stats