Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Socialdemocracia

Despois dunha fonda teorización de case un século, a socialdemocracia aparece coma forma de goberno após a Segunda Guerra Mundial. Estableceuse unha alianza política de clase entre os obreiros da fábricas e a clase media para facer fronte ao capital. Forzouse unha concertación entre antagonistas (forza do traballo e capital) que xerou un modelo político, o Welfare State ou Estado de Benestar. O seu plantexamento era: Hai sectores da sociedade que non poden acceder aos beneficios do mercado e é preciso que o Estado manexe unha política social benefactora. Fronte ao modelo capitalista da democracia cristiana que avoga polo capitalismo social de mercado (liberalismo imperfecto).

Nestes tempos andan un pouco desnortados e non lles falla asesoría interesada. Como a dun grupo de comunicación (Prisa) moi inquedo e nervioso pola decadencia da socialdemocracia en Europa. E publican editoriais no xornal El País diagnosticando: "Onde antes os partidos socialistas europeos tiñan garantido o apoio de amplas capas da sociedade, perderon ese favor das clases traballadoras, que, ás veces, incluso optan por partidos da dereita populista, ao igual que perderon o apoio das clases medias e dos mozos e mozas, que dispersan o seu voto cara outras formacións de centro ou de esquerda, ou se refuxan, orfos, na abstención. Se antes esas coalicións de clases traballadoras e medias lles proporcionaban maiorías electorales suficientemente sólidas para poder acceder e retornar ao poder regularmente, agora atópanse convertidos en forzas minoritarias e con escasas posibilidades de voltar ao Goberno por si mesmos".

Enumeran alí éxitos indiscutibles da socialdemocracia e propoñen o camiño andado polo recén eleito presidente de Francia, Macron, como a estela a seguir.

Erran unha vez máis... Ou, mellor dito, acorde aos seus intereses de empresa voceira do Ibex35, propoñen o camiño errado. O abrazo ao liberalismo económico e aos postulados da democracia cristiana e do capitalismo renano, deixando sen amparo social á clase traballadora e clase media no proceso globalizador, foi a causa do afundimento dos partidos socialistas tradicionais europeos.

Espertamos tamén o outro día coa nova de que a CDU, a dereita alemana de Merkel, gañou as eleccións nun estado, Renania do Norte-Westfalia, o máis poboado e rico de Alemaña, onde tradicionalmente nos últimos cincuenta anos (agás un paréntese de cinco anos no 2005), gobernou a esquerda, os socialdemócratas (SPD).

Lección a sacar: Os votantes prefiren o orixinal á copia... e, cando unha organización política abandona aqueles principios para os que foi creada, o fracaso está á volta da esquina.

*Historiador e veciño de Brocos (Agolada)

Compartir el artículo

stats