Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Crear curiosidade para aprender

Porque estudar tense convertido en algo tan vulgar como atrapar definicións ou conceptos mais ou menos abstractos e incomprensibles para os nosos nenos?

Eu entendo o ensino como un acto volitivo, xeneroso e gratificante de crear necesidades e medrar como humanos, membros dunha especie dominante e dominada ao longo dos séculos, e non como algo rutinario polo que me pagan un salario de mestre o fin de mes e que preciso para vivir dignamente, para elo fixen unha carreira universitaria.

Para cando deixamos o acto de aprendermos como un descubrimento, crear curiosidade, facer nacer un sentimento de pracer polo descoñecido, experimentar sensacións, sementar dubidas e debates, intercambiar ideas, coñecementos, experiencias, facer brotar o desexo de vivir vida intensamente e apurar ata o derradeiro segundo a última pinga dese néctar dos deuses que é a sabedoría transmitida o longo do tempo, de mestre a alumnos?

Cando deixaremos de entender o ensino como un acto inútil de tan so repetir impunemente, coma papagaios, sen saber o que dicimos, sen sentido nin agarimo nin o mais mínimo interese polo que nos están a ensinar nos colexios, institutos ou universidades; as mais das veces explicacións incomprendidas, obtusas y espesas, o peor aínda baleiras de contido practico incapaces de facernos sentir, pensar o reflexionar? Inútiles para motivar no desexo de saber, e a satisfacción de termos aprendido.

Para cando a reforma necesaria do sentido común para deixar de mentirmos e non regresar unha e outra vez como si estivéramos perdidos no labirinto de Teseo, a ese aburrimento pola vida, ese non se qué facer para matar o tempo, con que nos castigan con indolencia e os calzóns caídos na raia do cu, segundo a moda que lles ditan os de sempre e da que participamos cómplices da nosa propia falla de valor para nos dicir basta, os nosos rapaces?

O final este pandemónium dos nosos días, éche a marca indisoluble desta xuventude a que temos condenado dende o seu nacemento a nada sen esperanzas nin futuro, perdidos nunha realidade virtual de tecnolóxica abulia e incomunicación, nun sutil intercambio de ficheros informáticos, afectos virtuais, amigos de redes sociais, e botellón os fines de semana, e tal vez entre wassap y wassap un polvo dominguero carente de compromiso e calor humano.

Para cando deixamos o decatarnos que este camiño que nos emprendemos e que seguimos coma ratas baixo o feitizo da frauta máxica dun Hamelin calquera de mercados e mercadores, de economía global e aldea mundial de merda, so nos conduce ao precipicio e ó suicidio colectivo?

Que enorme pena mirar sen ver, escoitar sen entender, tocar sen sentir, en tanto algúns seguimos dicindo; Se regalan abrazos, para nos salvar xuntos de este caos de baleiro glacial torres de cemento e cristal transparente e soidade sen tino...

Compartir el artículo

stats