Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

O negocio do lume

Pois nada amigos, xa estamos coma tódolos anos na metade do verán e os nosos montes ardendo polos catros costados, unha vez mais.Lume en Ourense, lume en Pontevedra, Lume en A Coruña e por suposto para non quedar atrás lume en Lugo, esta é triste realidade do noso Pais, desta terra fermosa, que chamamos Galiza, e que estamos empeñados en converter nun deserto, e claro como xa estamos en campaña; a política digo, políticos e profesionais da política, porque non teñen outro xeito de vivir, que esta a que se encumbran e instalan con toneladas de pegañento no cu, para que ninguén lles mova o sillòn , usan e abusan do tema, coma arma para acoitelar polas costas e chegan as manifestacións e declaracións mais surrealistas, estúpidas, descalladas e interesadas posibles, dende as bancadas azuis, ou vermellas, que tanto ten.

A pregunta é porque ano tras ano arden os nosos montes?.¿Hai posibilidade de rematar coa praga do lume? E posible ou non que de unha vez por todas se de coa chave máxica que evite que ardan as nosas terras? Cales son as razóns dos lumes e o seu negocio?As respostas, como dicía Bod Dylan; "Está no vento, o mesmo vento que sopra en contra nosa avivando o lume, cada vez que alguén prende un artefacto incendiarios, que ao parecer aparecen e desaparecen coma fungos no verán.

Para algúns as causas sonche visibles, variadas e coñecidas: Políticas forestais interesadas, favorecendo especies invasoras, coma o eucalipto. Cartos doados, e que medren axiña para que ENCE, e as celulosas do IBEX 35, fagan o seu agosto todo o ano. Abandono do rural, camiños, medios de vida, aldeas baleiras, despoboaciòn, envellecemento da pirámide poboacional, e mala o nula xestión dos concellos dos recursos e fondos recibidos para prevención e limpeza que van cara outros fines mais interesantes para os seus alcaldes e con maior beneficio político. Recortes, e mais recortes por parte da Xunta, que minte descaradamente cando ano a ano presenta os seus planes de prevención. A realidade éche que son inexistentes, ridículos e do mais variopinto, pero totalmente ineficaces; redución de brigadas, contratos a precario con empresas privadas , carencias de medios técnicos e unha longa lista de causas, que fan dos seus dirixentes uns irresponsables politicamente falando aló menos, e fan que pensar os mal pensantes sobre o negocio do lume mesmo.

E de todo isto, unha vez mais, sacar beneficio económico, ou político, medrar, enriquecerse, obter algún tipo de escuro interese e avantaxe, financeira, ou política, ou económica, que tanto ten, xogando coa vida e coa morte dos nosos recursos medioambientais , noxento, inmoral e ilegal, pero sen culpables.No 2006 o bipartito equivocouse na creaciòn dun operativo máis profesional ao atrasar a contratación das brigadas municipais ante o boicot organizado desde os concellos do PP controlados polo Sr. Feijoo, agora presidente da Xunta o goberno do Sr.Feijóo insiste no erro ao atrasar a posta en marcha do seu dispositivo antiincendios até mediados de xullo e conxelar a sinatura dos convenios cos concellos para aforrar uns centos miles de euros e seguir presumindo de control do gasto, ainda que minta ao negarlo.

Sexa como sexa o que está claro e que nunca antes houbo tantos lumes, nin cando as locomotoras eran de carbón e, caía unha faísca e plantaba no monte. Parece evidente que o asunto de apagar lumes chegou ao punto de ser, por si mesmo, un lucrativo negocio onde grandes empresas investiron cartos. Por exemplo, as diversas compañías de helicópteros que había no Estado foron absorbidas por dúas onde teñen intereses grandes corporacións, quedando todo o negocio de apagar lumes con helicópteros, así como outras actividades como o salvamento marítimo, evacuación de feridos ,etc., en mans de unha sola empresa, todo elo baixo a apisoadora da onda privatizadora da nosa dereita gobernante. Curioso non si?

Pero como todo neste país de "espabilados" gástase onde mais cartos se moven, ninguén di nada sobre aplicar eses cartos en outro tipo de solución como limpezas selectivas do monte, mellora e racionalización do rural, repoboar con especies autóctonas etc. ..

Compartir el artículo

stats