tRIBUNA LIBRE

Os pirómanos

17.08.2016 | 02:27

Desperdigados e soltos

polos montes fuxidos,

camiñan os pirómanos,

todos eles atrevidos.

Sen importarlle os danos,

nin as consecuencias.

sempre así todolos anos

e con moitas frecuencias.

En cinzas as arboredas,

animaiciños queimados,

o aire cheo de fiascas,

eses son os resultados.

Ante tal panorama,

que se pode sentir?

Moitísima tristura e dor,

non se pode consentir.

Non acabo de entender,

semellante crueldade.

que teñen no corazón

para tanta barbaridade.

Non queren ós animais,

nin o verdor dos montes,

dos pinos e catiñeiros

e fan secar as fontes.

Estes modernos Neróns

soamente senten pracer,

sen alma nin entrañas

e vendo os montes arder

* Veciño de Vilela (Moaña)

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine