O pobo de Lalín acudiu en multitude o día 21 a presenciar onda a estatua de Loriga o nomeamento de Fillo Predilecto de Lalín ó exnotario da nosa vila Victorino Gutiérrez Aller, este recoñecemento que tivo o noso goberno municipal co seu alcalde o fronte Rafael Cuíña. Estou ben seguro que todos os que te coñeceron tanto no trato persoal coma no profesional están totalmente de acordo co mesmo. Eu non estiven no acto por motivos de viaxe pero o meu corazón aseguroche que estaba. Quero aproveitar esta oportunidade para decir que á marxe de ser un gran defensor da nosa lingua como notario sempre lle buscabas un xeito de facer as cousas pronto e por suposto sen saltar as leis. Omeu galego non é normativo é o que norma non tivo. Amigo Victorino agora que te vexo pouco aproveito esta oportunidade para desexarche o mellor. Recibe un forte abrazo.

(*) Empresario xubilado de Lalín