Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

na latitude do deza

Análise do sucedido no Castro de Torrón

O sucedido nos ultimos meses no Coto ou Castro de Torrón chama bastante a atención a calquera persoa que teña uns coñecementos básicos respecto do valor do noso Patrimonio. Neste caso chama a atención, sobre todo, por dúas razóns: (a) por tratarse dun xacemento arqueolóxico insuficientemente coñecido e (b) por ser considerado como tal (xacemento arqueolóxico) tanto no PXOM de Silleda como nos inventarios e catalogacións da Conselleria de Cultura. Dúas razóns ou circunstancias que parecen contradictorias pero que poden resultar un agravante á hora de entender o problema.

Hai uns días un veciño da parroquia de Escuadro comentaba:"non sei a que veñen as protestas contra o que se fixo ao lado do Coto de Torrón. Aquí non hai nada, só unhas buratas de canteiras abandonadas e centos de eucaliptos na cima. Todo o que din por aí adiante de que teñen aparecido restos dos mouros son contos. Os mouros nunca estiveron aquí e nós estamos tranquilos porque non se fixo mal a ninguén e non ten moita traza de que aquí haxa un castro como os de Chapa ou Moalde, por poñer un exemplo. Nós a isto chamámoslle Coto e non Castro". Estas palabras, certamente ben claras, denotan que, a nivel popular, os paisanos da zona dan por sentado, intencionadamente ou non, que nese pequeno outeiro non hai un castro como os do contorno.

Unha circunstancia moi especial a ter en conta é que ese sitio foi considerado polo novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Silleda como Solo Rústico de Protección de Patrimonio Cultural (SRPPC) e iso conleva asociadas a adopción dunha serie de medidas de protección do espazo afectado. Para empezar, non se poden remover terras en profundidade nin realizar excavacións sen o correspondente permiso otorgado polos organismos competentes, neste caso a Consellería de Cultura, un permiso que se pode xestionar desde o propio concello de Silleda. Isto é algo que non se fixo no Coto de O Torrón.

Pero aínda hai máis consideracións a ter en conta. Se os veciños da zona ven claro que alí non hai restos arqueolóxicos nin existe un castro, o primeiro que deberían ter feito era presentar, no seu momento, alegacións ao PXOM durante a súa fase de exposición pública e iso tampuco se fixo no Coto de O Torrón. O que recolleron, no seu momento, os redactores do PXOM era a información e documentación existente e, por iso, aparece ese espazo como SRPPC, unha medida que condiciona e agrava os feitos consumados.

No caso de que se trate dun "castro dubidoso" hai que decir que a única forma de coñecer a verdade é contar coas probas ou testemuñas que acrediten a súa existencia, pero se levan a cabo traballos de destrucción resulta imposible chegar a ese coñecemento. Un caso parecido sería o dun suposto lugar onde se cometeu un crime e no que se deixa andar libremente a todo o mundo borrando as probas que podían ser necesarias para a resolución do caso.

A catalogación da Consellería de Cultura e a inclusión de Coto de Torrón no planeamento urbanístico de Silleda prevalecen legalmente sobre as actuacións que se realicen nese lugar.

Compartir el artículo

stats