Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

De Silleda para España

Despois de longos e intensos anos de traballo o "Partido Socialista Obrero Español" conseguiu madurar esplendorosamente como unha flor (pobre rosa!) que se podería denominar "unha especie de dereita sin identificar adecuadamente". Isto ocorre porque ó sistema capitalista que mantén a este partido convenlle máis ter escravos con bos soldos para poder traballar libremente na sombra con menos ruidos, na búsqueda do seu fin de chegar ós 200 anos e "riquííííísimos", en cartos e sáude, claro!, porque sentidiño humano, nin velo! E digo sentidiño nin velo porque, mentres uns queren vivir con gran nivel e casi eternamente, segue habendo nenos que están morrendo de fame... e outras miserias potenciadas polos poderes fácticos e os seus escravos.

Españoles: sexan sinceiros. Para o benestar social, humano e económico: Cal é a diferencia entre a mensaxe de Rajoy a Bárcenas, coa dos mensaxes e feitos de Felipe González, Paco Vázquez, Magdalena Álvarez, Elena Salgado, Chaves, Griñán, Susana Díaz, Ybarra, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, os Pachis, Trinidad Jiménez, etc., etc., etc.? Son un absoluto descrédito da esquerda, tan necesaria para o bo desenvolvemento político dun estado.

Pódense dicir moitas cousas, pero se isto non é suficiente... que baixe Deus e o vexa!

*Veciño de Silleda

Compartir el artículo

stats