Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Resposta a Manuel Igrexas

Estimado Don Manuel Igrexas: Si, ten vostede razón, en Vilatuxe e en todos os pobos de España houbo represión durante a guerra civil. A Vilatuxe tocoulle o bando nacional , a outros pobos de España as distintas faccións de esquerdas, ambos cometeron barbaridades, inxusticias e tropelías no nome das suas ideoloxías. Se temos que facer memoria histórica, fagámola a dúas bandas anque a min, a diferencia de vostede, alimentar o rencor histórico paréceme un terrible erro. Ao fío do seu artigo quixen comprobar se os maiores de Vilatuxe, entre eles o señor Herminio, tiñan memoria, e efectivamente recordan estes casos. Todos coincidiron en que os feitos foran terribles, pero tamén en que a única maneira de afrontar o futuro era perdoarse uns a outros para poder convivir en paz.

Esta xente de Vilatuxe e de tantos pobos si que nos deron unha lección de democracia e progresismo que vostede parece non entender. Deixemos a Franco e a súa ideoloxía perversa e maligna debaixo da pesada lousa na que repousa, sigamos a lección dos vecinos de Vilatuxe, miremos ao futuro sin odios, so así seremos progresistas e demócratas de verdade.

*Veciño de Donsión (Lalín)

Compartir el artículo

stats