Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O risco dos animais que non respectan os pasos para peóns

Un bo susto se levou onte un conductor en Moaña cando se lle cruzou un poni. A situación acabou cun pequeno atropelo pero o conductor puido frear a tempo e o animal non sufriu danos destacados. Todo ocorreu en Meira, na propia PO-551. Ao parecer unha muller levaba o poni pola beirarrúa, pero ao asustarse invadiu a estrada e estivo a piques de provocar un accidente. Os danos materiais ocasionados no turismo foi o máis grave dun suceso que non pasou a maiores. Son as cousas de ter pasos para peóns cada poucos metros pero non pasos para animais.

A camisola que movilizou á Policía en Moaña

Un curioso vídeo circulou onte polas redes sociais de moitos moañeses. Durante a presentación a pasada fin de semana do Morrasound Festival, unha "espontánea" irrumpiu no salón de plenos de Moaña a berros. Ao parecer esixía que lle desen unha camisola do propio festival que se presentaba. A situación descolocou aos presentes e obrigou a intervir a un axente de Policía Local. Que se saiba o incidente non pasou a maiores. A continuación, o vídeo:

Compartir el artículo

stats