Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Persoas de ben de Silleda

Ás veces penso que a sociedade non só non é xusta, senón que é inxusta.

De cando en vez facemos grandes homenaxes a unhas persoas e esquecémonos doutras. Persoas coma Nito, como a señora Carmen de Aguirre, coma ti, irmán, Pepe de Paulino, etc. Se miramos atrás e valoramos a súa historia darémonos conta de que, coa súa actitude diaria, sempre facendo paz, foron xente que axudaron realmente a que o noso pobo fora mellor.

Por favor, veciños, pensemos tamén nisto. Unha forte aperta para todos os que traballaron polo ben de Silleda, e digo TODOS, non só os políticos e os seus amigos.

Se queremos mellorar, temos que compartir? máis detalles humildes ás persoas benqueridas polo pobo.

*Veciño de Silleda

Compartir el artículo

stats