Corrupción na lingua

Ignacio Roca*

18.03.2013 | 08:20

A lingua é o galego, o castelán, e as outras linguas románicas de España. A corrupción é a súa invasión recente (anque cada vez menos recente) pola política, e unha política moi mal fundada e moi mal encamiñada.

Unha lingua (calquera lingua) é un obxecto marabilloso, misterioso, que, como a vida, cada un de nós recibe dos seus pais, biolóxicos ou sociais, con quen pasou os primeiros anos da súa vida. A vida física transmítese bioloxicamente. A lingua recíbea a criatura do aire no que na oe, habitualmente desde as bocas dos pais. Apáñaa espontaneamente, instintivamente, irremediablemente: non a pode rexeitar, como si pode rexeitar outras cousas e ás veces rexéitaas, a comida, por exemplo, ou os cariños. Polo tanto a lingua non nola ensina ninguén: aprehéndea (non a aprende) o infante coma aprehende o aire do seu redor.

A lingua entra polo oído (pola vista nos xordos a súa lingua de signos) e vai directamente ao cerebro, onde se rexistra como se rexistra no disco duro un programa informático. Pero, ollo!, no cerebro non se copia coma o programa no disco. No cerebro a lingua recréase, de maneira case máxica, como se recrea un prato culinario a partir dos seus ingredientes: a lingua "cocíñaa" o cerebro porque está así programado bioloxicamente. Desde esta perspectiva, real e ineludible, a lingua é un fenómeno biolóxico, porque sen bioloxía non habería linguaxe, e sen a bioloxía que temos os humanos non habería linguas coma as que nós temos.

No galego e no castelán e nas outras semellantes, todos aprehendimos que o significado de palabras como galego, vasco, deputado, académico, traballador, amigo, e tantas outras non inclúe un elemento de sexo. Aquí confúndese moito (ou preténdese que se confunde) o xénero co sexo. Académico e estas outras (e moitas mais) teñen xénero "masculino", porque esixen o artigo tamén "masculino" o, e polo tanto o académico, non a académico, como tamén o papel ou o ceo. Pero ningunha destas palabras levan significado de sexo: se académico o levara non se podería dicir os académicos de ambos sexos, pero pódese dicir e dise. Os correspondentes "femininos" levan si significado sexual, de femia, e por iso non se pode dicir as académicas de ambos sexos. Esta proba "do algodón" non deixa lugar á dúbida de que a análise que se está propondo é a acertada e verídica, non unha simple opinión ou preferencia política.

A pesar disto, que todos os falantes da lingua saben ben sabido se son falantes auténticos, non de teatro, agora óense e vense expresións aberrantes coma os académicos e as académicas, etc. Son aberrantes porque todos os falantes auténticos sabémolo e sentímolo no noso cerne. - o parágrafo anterior explica por que: sinxelamente, porque ao non ter académico significado de sexo (os académicos de ambos sexos) non hai razón para engadir e académicas, como non se engade (se non se é ou quere facer o parvo) e os percebes a o marisco: gústame o marisco e os percebes non funciona, pois os percebes son marisco e non se pode engadir o que xa está dentro. - o significado da palabra académica vai incluído na palabra académico, porque un académico é unha "persoa dunha Academia" e unha académica unha "persoa femia dunha Academia", e as persoas femias están incluídas dentro das persoas. Está clarísimo: non hai mais nada que dicir.

Ou si. A modiña de os académicos e as académicas, etc. non é un invento ou descobrimento galego. É un calco do los vascos y las vascas que asola España desde hai mais dunha década. - esta frasiña non é tampouco autóctona, senón copia servil do doblete inglés he or she. Servil por ser copia, e por copiar dunha lingua que nin sequera ten xénero como o teñen as nosas: só estas dúas palabras para dobletear. Pero nas románicas, os dobletes se continúan (e o farán se non se paran) causarán desolación, contaminando (corrompendo) centos de parellas en existencia, que terán todas que ser dobleteadas continuamente. Unha loucura que unha minoría moi mal politizada teima en impoñer sobre a sofrida e xa moi paciente maioría silenciosa.

*Catedrático de Lingüística, Universidad de Essex

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine