EN DIRECTO
farodevigo.es » Opinión
 Noticia anterior    
Campo do Fragoso

Un éxito da canteira

Manuel Bragado

 07:59  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O valor dos mellores futbolistas, aqueles poucos capaces de marcar diferenza, dirímese nos encontros transcendentais, eses poucos que se xogan a vida ou morte como son as finais, os “play-off”, os derbis ou os clásicos. No primeiro partido da promoción fronte ao fachendoso Granada de Fabri, vinte mil celtistas en Balaídos (sen esquecer aos milleiros espallados polo mundo, que o viviron diante da televisión ou do ordenador) comprobamos que foi a canteira celeste quen marcou a diferenza. Moi ben arroupados pola veteranía de Sergio Ortega, dirixindo con autoridade a defensa, e polo esforzo extraordinario no medio campo dese valadar chamado Cristian Bustos -quizais o mellor xogador celeste desta tempada- e do seu noble escudeiro López Garai, oito canteiráns, uns formados dende noviños na Madroa, outros procedentes do filial, acadaron coa súa ambición e esforzo na media hora final senllas proezas: manter a portaría a cero e conseguir un golazo. Un resultado que deixa intactas todas as esperanzas para acceder á segunda e definitiva eleminatoria da promoción. O primeiro tempo foi moi táctico e de xogo enguedellado, mesmo aborrecido, entre dous rivais que se temen. Fabri conformouse con protexer a súa portaría e aproveitar a posibilidade dos temibles contragolpes da súa restra de figuras como Benítez ou Collantes. Herrera apostou pola seguridade da súa defensa de cinco e polo seu tridente de figuras, tan exitoso durante a primeira volta. O puxilato dos adestradores durante esta primeira parte rematou en táboas. O Celta posuía o control do balón de forma escandalosa, mais os seus dianteiros non atoparon espazos nin posicións da vantaxe, coa excepción dalgún escintileo dun Trashorras moi vixiado ou dos espríns de Quique De Lucas, até que consumiu o seu combustible. No primeiro cuarto de hora da segunda parte, como o panorama non mudaba e os contragolpes andaluces eran cada vez máis frecuentes e perigosos, en boa medida froito do cansazo dos mediocampistas celestes, Herrera colleu o touro polos cornos e nun plis plas mudou toda a súa dianteira. Acertou de cheo con decisión tan arriscada de levar as súas tres figuras ao banco e confiar o ataque no tridente suplente, o dos canteiráns Aspas, Michu e Abalo. Todo o Celta foi, entón, capaz de meter unha marcha máis de intensidade e compromiso no seu xogo. Decontado comezou a percibirse na lameira os efectos do fulgor electrizante de Aspas -un xogador xenial e imprevisible ao que lle presta traballar nos perigos do arame- e a súa capacidade de asociarse cos ollos pechados con Abalo; comezou a sentirse a capacidade de chegada de Michu, un futbolista en estado de graza, capaz coa súa potencia de abrir espazos e provocar o temor das defensas rivais. Foron eses os vimbios da xogada dun gol que pode ser decisivo na eliminatoria. Aspas recuperou no centro un balón que abriu cara á banda, Mallo percorreuna até a liña e dende alí centrou moi raso, Abalo arteiro deixouno pasar entre as pernas e Michu chegou á carreira para trallar a rede cunha convicción incrible. O máis difícil do chollo quedara feito. No interminable cuarto de hora que restaba, os nosos resistiron con moita cabeciña e tesón e non perderon a súa concentración defensiva, mesmo nos saques de falta laterais, un dos seus puntos máis fracos durante os meses de devalo. A primeira fase desta eliminatoria fora superada cunha nota excelente. Un éxito da canteira e dunha forma de entender o celtismo. No entanto, o camiño cara primeira continúa sendo moi difícil; debemos conter o noso entusiasmo, xa que na noitiña do mércores o Celta apenas deu un pasiño na procura do seu soño.
bretemas@gmail.com

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
GALERÍA: EL OLIVO HUELE EL ASCENSO
+ VER GALERÍA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
88%
No 12%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
51%
No 49%
 
Ver más encuestas »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad