O Correlingua reuniu onte en Vigo decenas de mozos que participaron na tradicional carreira galega en favor do idioma. Os participantes saíron da Praza do Rei ás once da mañá e chegaron unha hora máis tarde ao parque de Castrelos. Alí, ademais da lectura dun manifesto, houbo outras activiadaes como actuacións musicais e tamé de maxia.

O Correlingua, que se realizou na Coruña e Santiago esta semana, continúa hoxe na Mariña.