A estrea política de Silvia Carballo González (Bueu, 1988) foi nas eleccións municipais de 2015, onde resultou elexida concelleira polo BNG e ostenta unha das "macroconcellerías" do goberno de Bueu. En febreiro deste ano foi elexida como responsable comarcal do BNG no Morrazo e posteriormente para ir no número catro da candidatura nacionalista por Pontevedra á Xunta de Galicia.

-Ata hai pouco tiña como estado no seu Whatsapp a frase "Nunca virá de fóra esperanza ou remedio". Toda unha declaración de intencións nacionalista.

-Certamente. Trátase dunha cita de Celso Emilio Ferreiro procedente de "Viaxe ao país dos ananos". Son nacionalista dende moi nova e teño a certeza de que a solución aos nosos problemas é que tomemos nós as nosas propias decisións. As solucións non van vir dende Madrid ou calquera outro lugar.

-Aínda así o BNG

-O nacionalismo está en diferentes posicións nos tres países. O que hai é un concepto equivocado do nacionalismo. Nacionalismo é ter confianza no teu propio país, na nosa xente e que temos recursos para saír adiante por nós mesmos sen necesidade de esmolas.

-Entón nacionalismo non é tamén a independencia?

-Creo firmemente no dereito a decidir dos pobos.

-A campaña electoral está a piques de rematar e as enquisas non son moi favorables. Como afrontan esta recta final?

-Con moita ilusión. Eu non quero ver as enquisas, non creo nelas. Creo no traballo diario, neste proxecto e en toda a xente que traballa por el. Creo sinceiramente que temos a candidata mellor preparada, como se puido ver no debate electoral, e somos un partido con 30 anos de historia, que non cambiamos o cerne da nosa ideoloxía nacionalista.

-Quizais por iso agora teñen máis dificultades para conectar co electorado frente a opcións como En Marea

-Non quero falar doutros partidos. O BNG mantén a súa orixe nacionalista. Iniciamos unha etapa de refundación, cunha nova candidata e adaptándonos aos novos tempos e ao que o noso país necesita. Pero sen perder o noso cerne nacionalista porque se non este proxecto non tería sentido.

-Dicía esta semana a súa candidata, Ana Pontón, que o Ana PontónBNG

-Si. O BNG vai ser a chave para poder botar ao PP da Xunta de Galicia. Non é verdade que o BNG esté acabado, temos unha militancia e unha xente moi comprometida.

-Pensa que poderán manter o seu grupo parlamentario?

-Son optimista e manteño a ilusión de que así sexa.

-Vese formando parte do mesmo?

-Sinceiramente, espero que si.

-O BNG

-Bueu e Pontevedra son dous claros exemplos de que as nosas políticas funcionan. Pontevedra é incluso un referente a nivel mundial en canto a mobilidade. A xente a veces separa o voto a nivel local, autonómico e estatal, pero somos as mesmas persoas e o que nos move é o mesmo que en Bueu, Pontevedra ou calquer outro concello gobernado polo BNG, que é mellorar a calidade de vida da cidadanía.

-Cales son as principais propostas que destacaría do programa co que concorren as eleccións?

-Para nós é fundamental transmitir que podemos levantar o país cos nosos propios recursos. Queren facernos crer que somos un país pobre e que non nos podemos valer por nós mesmos. Temos recursos, temos agro, temos mar, temos enerxía... O que hai que facer é poñelos a traballar para producir e xerar emprego. Unha das principais propostas é precisamente o Plan Retorna, que suporía un investimento de 90 millóns ao ano, para que a xente que está emigrada, especialmente os mozos podan retornar. Temos ademais unha muller candidata e resulta moi importante a política en igualdade, na que propoñemos a creación de xulgados específicos contra a violencia machista nas sete principais cidades, a creación do estatuto da vítima de feminicidio ou a elaboración dun plan galego e conciención e prevención da violencia machista.

-O domingo estamos chamados a votar. Cre que a cidadanía volverá ás urnas antes de fin de ano cunhas terceiras eleccións xerais?

-[Sorrí] Só sei que o PSOE e Podemos tiveron a oportunidade de botar a Rajoy e non o fixeron. Se estiveramos nós seguro que Rajoy non tería esa vida extra.