Envío esta nota en nome dun grupo duns vinte "traileros" de Lalín que este fin de semana disputamos a proba Nocturna de Vilatuxe, e que a disfrutamos como rapaces pequenos cun novo xoguete. Quero aclarar antes de nada que non pertencemos á organización, e que deste xeito creo que merecemos ser considerados como unha opinión imparcial e sen favoritismos.

Son Agustín Crespo (quero poñer o meu nome, xa que, como sempre fago tanto no deporte como na miña vida, dou a cara e non escribo en foros protexido por un nick) un dos triatletas e deportistas de Lalín e que, considero, teño bastante experiencia en todo tipo de carreiras.

En primeiro lugar quero explicar un pouco todo o tema das carreiras de montaña e en que consiste esta durísima disciplina. Este tipo de carreiras discorren por zonas de montaña case virxe, sendas e antigas rutas e incluso nalgunhas se chegan a cruzar regatos e pequenos ríos. Supéranse grandes desnivéis, tanto en positivo como en negativo, e hai zonas moi técnicas, que nalgúns casos poden ata impresionar. Ademáis normalmente soen ser distancias superiores aos 18 kilómetros, podendo chegar aos 200 coma nalgunha carreira de Ultra-trail.

Logo de explicar, por enriba, no que consisten e co que nos podemos atopar nestas carreiras quero expoñer, que non entendo, como algunha xente se pode expoñer a un risco para o cal non está preparado. Cando se falou no seu día de que ían facer esta carreira de montaña, moitos corredores de Lalín (inexpertos na montaña) propuxéronse como reto, ir a esta carreira. Eu personalmente, cando me preguntaban, era dos que lle dicía que había que ser cautos, e que se querían ir deberían antes adestrar por a zona, e incluso facelo de noite, xa que, cando corres con frontal non tes apreciación da profundidade dos obxetos e por eso se fai tan complicado. Logo destes consellos, moitos destes corredores probaron a facer o que eu lles dixera, e algúns deles finalmente e sensatamente preferiron deixar a aventura para o ano, e simplemente disfrutar como afeccionados. porque como eu dicen no día de once, se te vas ao monte, a correr, de notie, e cun temporal de alerta 3, que te esperas atopar? Campiños limpos e ben asfaltados. Non señores, non.

Por iso e para rematar, dicirvos que logo da carreira, tanto os meus compañeiros (no nome dos cal escribo este comunicado) como os restantes 260 corredores que chegaron a meta, logo de caer, emporcarse de barro ata as orellas, e reventados, as sensacións e os comentarios de todo o mundo eran de carreira espectacular, e o único do que se falaba era de que "hai que voltar a facelo por o día, porque se de noite foi bonita, de día ten que ser espectacular".

No deporte, como na vida, hai que arriscar e plantexarse retos, pero cando as cousas saen mal non busques excusas nen culpables, xa que, o único culpable das túas decisións eres ti mesmo.