A Televisión de Galicia (TVG) estrea esta noite a comedia de enredo "Little Galicia", a primeira película galega do xénero filmada en Nova York. Rodada en 2014 polo director galego Alber Ponte, a longametraxe foi producida coa participación da canle pública e chega por primeira vez á pequena pantalla. O galego Fran Grela e o madrileño Gustavo Salmerón interpretan os papeis dos protagonistas desta historia que recrea a vida dos emigrantes galegos na Gran Mazá, cos escenarios máis representativos da comedia romántica como pano de fondo.

Carlos viaxa dende Noia aos Estados Unidos co seu amigo Gonzalo para que o represente nunha voda familiar mentres el atende outros plans, pero a vida neoiorquina acabaraos involucrando nunha trama de humor, acción e sorpresas que pon a largometraxe á altura das mellores películas do xénero.