A libraría Libraida e a tapería A Galiña do Ardora ofrecen hoxe a décima cita do ciclo cultural "Unha tapa con Casares", adicada á obra infantil e xuvenil do autor homenaxeado este ano no Día das Letras. O acto arrancará na libraría ás 20.00 cun comentario da mestra Cristina Fernández Ameal e continuará la tapería con lecturas compartidas e petiscos.