| O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) conmemorou onte na súa sede, a aula Ponte das Rosas de Gondomar, o 50 aniversario do pasamento de Victoriano Taibo, poeta e mestre galeguista membro das Irmandades da Fala. O acto, un encontro literario no que se reivindicou a figura do tamén académico da lingua, serviu para reivindicar un Día das Letras na súa honra e ademáis para convocar o noveno premio de poesía, que financiará por primeira vez o Concello.