louriña

"É hora de porlle punto e final ó desorden urbanístico en Mos"

 
A alcaldesa de Mos, María Jesús Escudero, no seu despacho. / D.P.
A alcaldesa de Mos, María Jesús Escudero, no seu despacho. / D.P. 

"Desexo que a finais desta lexislatura os tres grupos da man poidamos presentar o Plan Xeral".

VERÓNICA PALLEIRO / MOS Superada a barreira do primeiro ano de lexislatura, a alcaldesa de Mos, María Jesús Escudero, fai balance da situación do municipio e do mandato do seu equipo de goberno cando anuncia que a sinatura do pacto co BNG é inminente.
- En marzo comezou a falarse do pacto de goberno en Mos. Cando se pechará?
- Asinarémolo nestes días. O orzamento témolo xa feito, temos o borrador e en breve seredes testemuñas, por fin, de ese logrado pacto. A verdade e que este foi un ano moi intenso con un equipo de goberno prácticamente renovado. Tiñamos moitas ganas de traballar, moitos proxectos pero tivemos moitos impedimentos por parte da oposición. Non tiñamos adicacións exclusivas, nin sequera eu, e é algo fundamental que haxa membros do goberno no concello para que poidan responder ás necesidades que plantexan os veciños.
- A contratación da redacción do Plan de Urbanismo púxose en marcha por cuarta vez. En qué punto está?
- Por fin estamos traballando xa no Plan Xeral, contratamos cunha empresa, previa convocatoria pública, e nestes intres os tres grupos políticos que formamos a corporación municipal estamos unidos en torno a este documento, e eu creo que temos un equipo extraordinario e desexo que a finais desta lexislatura poidamos, todos os grupos políticos unidos da man, presentar este documento de futuro que ordeará o territorio de Mos e tratará de mellorar a calidade de vida dos mosenses.
- O conselleiro de Traballo estivo esta semana en Mos clausurando un obradoiro de emprego. Qué lle supuxo este programa laboral ó Concello?
- Para empezar deulle formación e experiencia profesional a 45 homes e mulleres que deixaron unha pegada moi importante en Mos, facendo actuacións como o cambio da instalación de electricidade de colexios públicos como Sanguiñeda e Peña de Francia, a creación dunha zona de recreo da parroquia de Cela que estaba chea de maleza e que agora serve de punto de encontro para os veciños; e tamén se acondicionou o entorno da antiga Escola Unitaria de Coto Torrón e, nestes momentos, estamos a facer unha cesión do edificio para a creación dunha galescola que dará resposta a moitas familias que están a espera dunha praza de escola infantil.
- A Veigadaña e máis tarde A Rufana serán os parques empresarais de Mos. En qué beneficiarán ós veciños?
- Ó longo dos anos foron crecendo como setas dentro do municipio e estamos a vivir un momento de especial malestar por parte dos veciños que viven a carón de estas empresas e que lle restan calidade de vida. E por outra parte, moitas destas empresas necesitan ampliar as súas actividade e polas circunstancias de clasificación do solo non poden facelo. Nós estamos conveniados coa Xunta dun segundo polígono que construirá Xestur, ó igual que o de Veigadaña, dunha superficie aproximada de 1,2 millóns de metros cadrados na Rufana, en Louredo. Será un polígono onde as empresas cunha situación irregular dentro de Mos terán prioridade dentro do polígono. Polo tanto a través dunha comisión de traballo na que estará representados os grupos políticos, técnicos municipales e a asociación de empresarios, analizaremos a situación de todas as empresas da nosa localidade e daremos a oportunidade de ir ó polígono. A miña idea non é de ir precintando empresas e terminando cos postos de traballo que hai nestas empresas, senon ofrecerlles esta oportunidade e a partir de ahí, o que non se acolla, terá que asumir a súa responsabilidade porque creo que é tempo de que lle poñamos punto e final a esta situación de precariedade y desorden urbanístico en Mos.
- Como encara o goberno de Mos as afeccións das novas infraestructuras viarias?
- Estar ás portas de Vigo ten consigo unha parte positiva e tamén unha parte negativa como son as afeccións que producen as novas redes de transporte. Eu quixera que esta carga negativa traia, ó tempo, consigo, actuacións positivas en Mos e por iso voulle demandar, desde a Alcaldía, a todas as Administracións unha axuda extraordinaria por riba do que poida haber noutras localidades e estou segura de que o imos conseguir, que as afeccións que traen progreso para moitos non supoñan unha desgracia para Mos, que saibamos sacar delas virtudes para Mos, con máis servicios e progreso.


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine