14 de mayo de 2018
14.05.2018

Cabral, escurantismo económico

14.05.2018 | 03:30

A Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Cabral, que preside Luís Rodríguez, non facilita ós comuneiros toda a información, tanto de carácter económico como de xestión. Amparándose na Lei de Protección de Datos e nunha fragrante mentira, mantén ós comuneiros no descoñecemento do que sucede na nosa comunidade.

É máis que difícil saber con minuciosidade o estado de contas da comunidade, pois as mesmas danse en grandes partidas. Para saber detalladamente en que se gasta o diñeiro da comunidade houbo que chegar ao xulgado, onde o señor Luís Rodríguez, obrigado polo xuiz e baixo a ameaza de requisa pola policía xudicial, tivo que entregalas. Esperamos que máis pronto que tarde, esa información chegue a todos os comuneiros. Podo adiantar a eses veciños que hoxe son indiferentes, ou non queren ver a forma de actuar desta xunta rectora, que vanse resgar as vestiduras.Por adiantar unha das moitas "perlas" da documentación que foi obrigado a presentar no xulgado, hai máis dun estado de contas, enviado aos comuneiros, no que os datos non coinciden co rexistrado nos libros de contas da comunidade. Estas anomalías non poden atribuírse a erros de transcrición, xa que se repiten ano tras ano.

Hai motivos para sospeitar que esta xestión contable, xunto cos moitos expedientes abertos contra a comunidade por distintas administracións, é a punta dun iceberg arrastrado por augas turbulentas. Varios centos de comuneiros, amparándose no artigo 34 dos Estatutos da Comunidade, teñen solicitada unha asemblea extraordinaria. A xunta rectora deberá aclarar a qué se deben estas importantes diferenzas e outras irregularidades contables.

Volvendo a Lei de Protección de Datos, esta permite a difusión de información dentro dunha entidade, neste caso a da Comunidade de Montes de Cabral; é dicir: toda a xestión que se produce no seo da comunidade pódese transmitir aos comuneiros, sen que a xunta rectora incumpra a lei.

As irregularidades son unha constante por parte da xunta rectora de montes de Cabral. O penúltimo exemplo é esa recollida de firmas en apoio a Porto Cabral, que foi anulada na súa totalidade pola xunta electoral de Galicia ao comprobar que non cumprían cos requisitos legais.

Señor Luís Rodríguez, a ver se dunha vez por todas métese na cabeza que o fin non xustifica os medios. Senón o acepta, terá que dicirllo o Ministerio Fiscal, órgano que ten como misión promover a acción da xustiza en defensa da legalidade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine