Estes días teño escoitado e lido múltiples acusacións aos brigadistas de incendiar os nosos montes en Galicia. Non compro esa teoría difamatoria aos prestadores deste servizo básico e esencial.

Os montes arden por múltiples motivos e non por esa infame falacia. Os principais dous. O abandono absoluto do mundo rural. Dende fai décadas en Galicia non existen políticas de desenrolo rural creíbles e avaliables. O segundo, a inexistencia de medidas efectivas e reais que analicen e asenten accións para reducir e loitar contra o cambio climático. Ese que non existía fai ben pouco e que agora ninguén discute.

Se vos parece pouco, vou nomear outros cantos motivos, non menos importantes, da proliferación dos lumes polo noso país:

1. Os intereses privados e altamente lucrativos de moitas empresas que gañan moitísimo diñero. Unhas "apagando" os lumes, outras obtendo beneficios dos resultados da deforestación posterior.

2. Unha administración pública, chamada Xunta de Galicia, que invirte o groso de partida orzamentaria para este servicio, ano tras ano, en medidas de extinción en vez de gastalo en medidas de prevención.

3. A promoción por parte de dita administración pública, da maioría das comunidades de montes, e de milleiros particulares que apostan pola reforestación con eucaliptos e piñeiros, de rápido crecemento coa súa máxima rentabilidade, antes que por especies de frondosas autóctonas, carballos e castiñeiros maiormente, especies que limitan a propagación dos focos incendiarios.

4. Medios técnicos límitados e insuficientes das unidades de acción directa contra o lume.

5. A ineficacia do Goberno do Estado para ter un marco regulatorio básico para os corpos e unidades de emerxencia.

A todos estes motivos haberálles que engadir moitisímos máis secundarios.

Por favor, non nos deixemos intoxicar con información sesgada e irreal. Criminalizando ós traballadores estamos esquecendo os verdadeiros e principais responsables do problema.