Xohana Torres ou a autencidade. Fai uns trinta anos que coñecín a Xohana. Habitaba preto do meu domicilio na Avenida das Camelias. Teño parolado con ela cunha relativa frecuencia. Un trauma a embargaba: laiábase que cando se publicou a súa novela Adios, María so recebise paus e engadía, -agora é unha novela de culto. Non sei se foi por este pormenor ou idiosincrasia persoal, que non quisexe frequentar as capeliñas literarias ou figurar nos ouropeis mediáticos. En 1987 formou parte da miña antoloxía sobre as poetisas galegas (a primeira que se fixo). Nela falo que a súa poesía encárnase no ser mesmo de Galicia, na súa historia, na súa xente, no seu mar... o mar de Xohana, e máis un mar de reflexión que de emoción no que se albisca a saudade do tempo e o misterio da lúa (principio feminino) capaz de decodificar os misterios das ondas: memoria, misterio e morte... Poesía que rezuga forza e autencidade, como a súa persoa. Gustou do me poemario Onde se irisa a flor, e inspirándome nel adícolle a título de homenaxe estes versos: " foi a flor salgada do mar/ foi o sangue da terra/ foi o alento eterno de Galicia".