Decíame a miña avoa, con gran tristura, que ao seu neto máis cativo nunca se lle escoitaba unha palabra en galego. Preguntábase por que ocorría iso, se nin os seus pais e familia falaban o "castellanito". Tamén lamentábase de que ela non sabía falar galego, pero que era a lingua que falaba. Claro está, que se refería a que nunca foi ensinada no seu idioma, e polo tanto, non a falaba con corrección. Un día díxome que só podía escribir textos en castelán porque non o sabía facer en galego. Palabras duras, dunha muller que sente como o seu idioma desaparece e morre. Preguntábase de quen era a culpa, quen ou quenes o facían mal. Pois direiche avoa, que a culpa a teñen algúns profesores, colexios, pais e políticos que se negan a ensinar e querer o galego e a cultura. O futuro dun idioma depende de como sexan ensinadas as novas xeracións. Se estas, aprenden que o galego é de vila e non serve para nada, se ven que na escola case non se ensina o idioma e os seus pais métenlle na cabeza que o galego e sinónimo de rural, o noso idioma morrerá. Pero dígoche avoa, que debemos loitar para que iso non ocorra.