A ruta do pincho foi un éxito pola súa calidade e presentación. Houbo trinta establecementos, entre Redondela e Chapela. Eu síntome orgulloso por ser da profesión. Fixeime que a xente saía contenta do establecemento no cal entrara a probar o seu prato. Alegreime porque a vila de Redondela foi e será unha referencia gastronómica. Xa nos tempos dos nosos pais viña xente a degustar os peixiños, raia, chocos, callos, guisos, empanadas e pastelóns. Xente como Magar, Laxeiro, Cunqueiro, Díaz Pardo, María Xosé Queizán, Filgueira Valverde que xa falaban nas súas conversas e nos seus artigos do ben comer en Redondela. Parabéns.