Como tantos outros pais da nosa cidade, fun o encargado de cursar a solicitude de admisión do meu fillo para o 4º Curso de Educación Infantil, no curso correspondente ao ano 2017/2018. A dirección de empadroamento da familia e, por ende, do neno trátase de unha zoa limítrofe entre dúas áreas de afección entre os Colexios de CEIP de Cabanas e o CEIP de Álvarez Limeses, pero dentro da área de influenza de este último.

Como consecuencia de esta concurrencia de proximidades dispuxémonos a cursar a solicitude no CEIP de Cabanas, a pesar de non ser o correspondente á nosa ubicación, pero si a nosa primeira preferencia persoal. Sen embargo, en conversas co director do centro, este recomendounos esperar a facer a solicitude á última hora, previa consulta ao personal do centro. De este modo, el informaríamos da evolución de solicitudes de cara a corroborar se tiñamos ou non opcións de entrar.

O día 20 de marzal de 2017, último día da inscripción, sobre as 13.00 da mañá eu persoalmente chamei ao CEIP de Cabanas e fóiseme comunicado que o número de solicitudes de xente da zona (a lo menos con 6 puntos), xa superaba as 25 prazas do CEIP de Cabanas, polo que, ao noso pesar procedemos a cursar a solicitude no CEIP de Álvarez Limeses, a pesar de que, como se ven de indicar, non era a nosa preferencia. É dicer, cursouse a solicitude como única opción viable e ao noso pesar.

O día 1 de abril de 2017, consultando a páxina web do CEIP de Cabanas observamos con sorpresa e incredulidade que se procedeu ao desdobramento do 4º Curso de infantil, polo que as prazas pasaron de 25 a 50 e, polo tanto, de ter cursado a nosa solicitude como inicialmente tiñamos previsto, teriamos sido aceptados no CEIP de Cabanas.

Ante estas circunstancias dirixímonos ao centro de Cabanas o que nos convida a que falemos coa Inspección de Educación a cal, a bo seguro, nos dará una solución rápida e de xustiza coa nosa situación. Estas mesmas circunstancias repítense, a lo menos con outras dúas familias fora da nosa. Sen embargo, desde a Inspección dásenos como única opción a renuncia ao centro no que teriamos prazo e que formulemos unha nova solicitude fóra de prazo. Como única opción viable, fixemos uso de esta opción que se nos plantexa.

O día 24 de abril veñan de sair as listas provisionais de admisión nos centros e, ante o noso asombro, a inspección deixounos fora de calqueira das opcions, tanto da nosa prefenrente, Cabanas, como a nosa subsidiaria, neste caso Álvarez Limeses. De igual modo, en conversas coa Inspección indícannos que esperemos ate xullo/agosto para coñecer a resolución a noso caso.

Nesta carta somentes quero facer notar o surrealismo da situación de (a lo menos) estas tres familias que, por culpa da propia inspección quedaron fóra do seu centro preferente e en lugar de darlles una solución no ámbito da coerencia, existindo como existen prazas libres en Cabanas (21 a día de hoxe), fannos esperar ate agosto como se os pais non tiveramos que organizar os nosos traballos e, con máis motivo, se temos en conta que se trata dunha situación na que os pais somo víctimas e non causantes.

Pregamos porque a defusión de estas actuacións contra dos intereses dos pais, teña unha solución rápida dentro do ámbito da cordura e nos intereses dos que non son senon víctimas das actuacións de terceiros.