cartas al director

Unha alternativa á venda do Celta

18.10.2016 | 07:34

O 28 de setembro pasado, o FARO DE VIGO publicou unha carta aberta ó Sr. Carlos Mouriño onde propoñiamos dous escenarios en relación ó Celta, un preferente onde lle pediamos que se quedara á fronte do equipo e, como alternativa, si quería desfacerse dos títulos, plantexábamos que nos vendera ós afeccionados a súa parte do accionariado a un precio razoable.

Esgrimía tamén que o Celta é un dos signos de identidade desta cidade (como poden ser o porto, as Cíes, ou mesmo a ría) e como tal forma parte do seu patrimonio sentimental e vital. Polo que xa estamos a falar de moito máis que dunha sociedade anónima deportiva.

De feito, así o recoñecía o Sr. Mouriño nunha entrevista de FARO DE VIGO o 6/9/2015 do que acotamos textualmente un parágrafo: "Mira, a mí no me gustaría que nadie de fuera viniese a hacerse cargo del Celta, pero yo no sé cuánto tiempo voy a estar. No estoy en el Celta pagar ganar dinero. No entra en mi cabeza. Para eso están las empresas, que no tienen un club ni una ciudad detrás?."

Hoxe despois de reflexionar, e escoitar a xente que coñece e ama esta cidade, quixeramos plantexar outra alternativa: poñer a titularidade das accions nunha Fundación que garanta o vínculo permanente co deporte e coa cidade, na que o Sr. Mouriño -ou quen el designase- quedaría como patrón (auxiliado por un patronato con persoas relevantes da cidade).

Sr. Mouriño, anímese a pasar á Historia como un gran benefactor de Vigo, como no século pasado foron dous homes ilustres chamados D. José García Barbón ou D. José Policarpo Sanz Souto, que despois de retornar da emigración de América deixaron importantes legados como a Escola de Artes e Oficios ou o teatro que leva o nome do primeiro; ou importantes donacións para construir o Hospital Municipal ou o Instituto Santa Irene no caso do segundo. Tampouco podemos esquecernos de D. Fernando Quiñones de León que, despois da morte prematura do seu fillo, donou o pazo ó pobo de Vigo coa condición de que fora museo e parque público.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine