"Quosque tándem abutere, Catilina, patientia nostra?" Esta foi unha frase pronunciada polo sabio Cicerón o oito de novembro do ano 63 a. C diante do Senado romano, época da república romana. Traducida ó Galego quere dicir: "Ata cando abusarás, Catilina, da nosa paciencia".

Catilina era un famoso político romano que coas súas peripecias ía en busca do poder absoluto, que era o que lle interesaba e non o beneficio do pobo romano.

Pensen agora vds. se non podemos buscar unha imaxen como exemplo diante do espectáculo que están a dar os nosos políticos no Congreso. E non digamos o que están a facer no Senado, que para os romanos era a institución de goberno, pero aquí ven a ser algo así como o aparcamento de certos políticos como consolación por non poder darlle outros postos que podían servir para algo.

Volvendo ó de antes, a imaxen está clara. Pero o malo é que non hai só un Catilina (Rajoy e compañía), hay moitos máis... Todos queren buscar o poder absoluto como quería el. Só lle interesa o dominio do seu partido sobre os demais. Manter o poder a toda costa. Impórtalle pouco o ben do pobo. Á verdade, é unha pena. Os políticos currantes dos pequenos concellos traballan o voto para sentalos alí arriba como xefes da empresa. Perdoaime se peco, pero é a mellor empresa que hai no país? Un montón de xefes que poden vivir sen facer nada, e todos os accionistas (os cidadáns que poñen a pasta) non reciben algún posible benificio.

Parece mentira que esa empresa poida sobrevivir con tan altos salarios de tantos xefes (e non contemos os malgastos e roubos). Acaban cos fondos todos e así aparece tanto empeño (deuda púbica)?

Volvo repetir, como tantas veces, para que queremos o Senado, as deputacións, tantos escanos no Congreso? Non me veñan con razóns baratas señores, son desculpas. "Casa de moitos é mala de barrer", sabio refrán. Así non hai maneira de gobernar. Todos queren mandar, e as casas sen barrer? Multiplican os organismos, quizais para acadar máis postos. Cando queres facer algo para sobrevivir fánche dar tantas voltas que hai que ter moita paciencia para seguir adiante.

Eu pediríalle, se son verdadeiramente progresistas, e queren un Estado moderno, que reduzan a plantilla. Compárena ca doutros países que teñen o doble de habitantes e vexan a súa xestión. Os que queden que se desfagan das casas que sobran e que limpen unha soa ben. Porque?, hai moito lixo.

É ben certo o de Cicerón: ata cando señores políticos vades abusar da nosa paciencia? Non sei como non se nos acabou xa? Vai sendo hora de recibir algún benificio desa empresa tan doada para vós. A verdadeira política é vocación e xestión. Hai que poñerlle as cousas fáciles ós cidadáns, e non acabarlles ca paciencia.