Esta é unha carta dunha persoa moi indignada que se adica ó comercio ambulante e que nunha decisión demasiado progresista, acaba sendo perxudicada económicamente, porque o Concello de Redondela suspende a feira do 21 de agosto, por mor dun evento de nova creación, cando respetuosamente poderían celebrarse os dous, xa que as feiras de Redondela celébranse cada quince días e Redondela con todo o seu comercio e hostelería poderían aproveitalos dous eventos sen pecar de soberbia.

É a primeira vez que se suspende unha feira de Redondela por un evento de nova creación, despreciando a historia e a tradición das feiras do 6 e do 21, que se veñen celebrando aínda que sexa en días festivos.

Disto dase conta no anecdotario redondelán, por unha Real Orde de 16 de novembro de 1838, concedeuse autorización para celebrar unha feira en Redondela o día 21 de cada mes.

O 30 de maio de 1923, concédeselle a Redondela o mercado tódolos domingos e feiras do 6 e do 21.

O progreso só pode ser positivo cando é respetuoso có pasado e coas xentes que seguen mantendo viva a celebración das feiras tradicionais como o seu medio de vida.

A suspensión ou traslado das feiras de Redondela, atenta contra a tradición, a historia, as necesidades dos comerciantes ambulantes, contra as súas familias e contra a dignidade do colectivo de comerciantes ambulantes.

E todo isto, sen querer entrar na promoción municipal do consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, nin na perda de dereitos dos cidadáns por anular temporalmente a ordenanza municipal de ruidos, aprobada democráticamente, parecéndose enormemente a unha decisión fascista en defensa dun botellón declarado.