O sábado 20-08-16, celebrouse no "Castelo de A Peroxa" a "Noite dos Metelos", festa distinta e orixinal entre tódalas coñecidas, mezcla de pasado e presente, enxebre e auténtica en sí mesma. Dita festa é organizada polos comerciantes de A Peroxa co apoio do concello. Non obstante o seu ideólogo e organizador e Xoan Lois Fdz., do bar 1984, e un deses persoeiros que só se dan de cando en cando, nado na vila de Allariz veu espertar o pobo dormido de "A Peroxa".

Pois ben, Xoan tamén propuxo rendir un homenaxe a Amando Iglesias Moure finado no 2013 ,por haber sido un gran defensor do Castelo e das riquezas do pobo de A Peroxa, con todo-los medios que tiña o seu alcance.

Dito homenaxe celebrouse nesta data sinxelamente, contou coa representación corporativa, o señor alcalde Manolo e coa concelleira de cultura Fernanda, os que lembraron a figura de Amando.

Por parte desta familia e tamén no seu nome queremos agradecer a todos os veciños, corporación, comerciantes e sobre todo a Xoan a súa labor en prol de poñer en valor o nome de Amando Iglesias Moure, gran defensor e conseguidor das riquezas da "A Peroxa". Sentiríase moi orgulloso deste recoñocemento, e de ver que os seus pasos teñen continuidade en persoas valerosas e imaxinativas como Xoan. Grazas.