Apoio desde o local para as persoas refuxiadas

19.06.2016 | 06:11

A crise de persoas refuxiadas vaise esvaecendo das pantallas, pero iso non significa que aquelas e aqueles que foxen da guerra no seu país desistiran de atopar una vida mellor en Europa. Pode que hoxe estas imaxes volvan recuperar protagonismo, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial das e dos Refuxiados, ou quizais o fagan as múltiples mobilizacións que están convocadas para estas xornadas, tamén aquí da man da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

Se ben as institucións europeas e estatais non souberon dar resposta á situación, si son moitos os gobernos locais, e as veciñas e veciños que puxeron por diante a solidariedade. Tal é o caso dos 85 concellos e as dúas deputacións integrantes do Fondo Galego de Cooperación, entidade que xa en setembro aprobou unha declaración institucional perante a crise migratoria e de persoas refuxiadas, documento que se actualizaría no pasado mes de marzo co rexeitamento ao acordo entre a UE e Turquía para as expulsións colectivas.

O texto esixe substituír as medidas restritivas por accións que atallen as causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos. Do mesmo xeito, chama a rexeitar os movementos xenófobos, dirixidos contra cidadáns e cidadás que optan por abandonar Siria, Iraq ou Afganistán por mor dos conflitos, ou ben para superar situacións de pobreza e desigualdade.

As galegas e galegos sabemos, por experiencia, que habitualmente son causas alleas e indesexables as que obrigan a migrar. Neste tránsito, o mínimo é garantir unha pasaxe segura, especialmente para as mulleres e nenas, que teñen sido sometidas a vexacións, así como para os menores en xeral, pois calcúlase que máis de 10.000 se achan neste momento desaparecidos.

No entanto, cómpre lembrar que o refuxio non é unha realidade nova. Boa parte da poboación saharauí leva corenta anos no exilio, nos campamentos de Alxeria, onde as inundacións do pasado outono viñeron agravar as xa difíciles condicións de vida. Precisamente o Fondo Galego está a financiar alí á reconstrución dunha unidade de atención sanitaria que foi derrubada polas intensas chuvias, canda a maioría das infraestruturas e vivendas. Tamén nos dous últimos anos se destinou unha partida para a atención psicosocial de nenas e nenos refuxiados de Palestina, que precisan terapia para afrontar os traumas derivados dos sucesivos bombardeos por parte de Israel.

Convidamos a todas as deputacións e concellos de Galicia a sumarse a esta rede que é o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para paliar as consecuencias das inxustizas, pero tamén para atallar as súas causas e evitar así que se sigan producindo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine