Resposta a X. L. Méndez Ferrín

06.04.2016 | 04:55

Ven de publicar o pasado día 1 de abril nas páxinas do FARO o escritor e colaborador habitual Xosé Luís Méndez Ferrín un artigo no que en conclusión traslada a Miguel-Anxo Murado a seguinte cuestión: "Por qué o Estado Islámico non ataca a Israel?".

Vaia por diante que normalmente nin me molestaría en respostar a quen plantexa este tipo de teorías conspiranoicas, e moito menos cando semellan directamente tiradas do libelo zarista "Os protocolos dos Sabios de Sión". Pero desta volta en consideración de quen é o autor, por quen teño respecto e admiración, farei gustoso unha excepción. Aínda que honestamente sorpréndeme que alguén que non sexa un antisemita declarado ou vergoñento (e Ferrín desde logo non o é) poida plantexar unha cuestión así.

Desgraciadamente e moi ao seu pesar Israel está claramente a vangarda mundial da loita contra o terrorismo. Escoitámolo por exemplo estes días a raíz do brutal ataque no aeroporto de Bruxelas e a comparación co que está considerado coma o aeroporto máis seguro do mundo, o Ben Gurión de Tel Aviv. Que Israel é vangarda antiterrorista é algo que recoñecen incluso os seus negadores e inimigos viscerais. Arcos de metais, escáners, gardas de seguridade, son normais en todo tipo de centro sensible de ser obxectivo do terrorismo. Sumando a estes sofisticados medios materiais a intelixencia e a experiencia de décadas de combate contra o terror.

Lembremos que entre os inimigos declarados do estado de Israel están organizacións terroristas islamitas coma Hamas (Movemento de resistencia islámica) Yihad islámica, Hezbollah (partido de deus) que teñen "por antigüidade" ventaxa no terreo sobre outras organizacións terroristas como Al Qaeda ou Estado islámico se estas pretenderan facerlle competencia e disputarlles o "privilexio" de ser eles os "combatentes do islam contra o inimigo sionista". É tamén coñecido como no territorio da Franxa de Gaza Hamas persigue implacable e ferozmente calquera intento de penetración de Estado islámico ou Al Qaeda

Pregunta Ferrín por que ISIS non ataca a Israel nos Altos do Golán. Resulta evidente que se o Estado islámico loita por consolidarse nos territorios conquistados en Iraq e Siria, non tería sentido abrir outra perigosa fronte provocando a Israel. Entre outros motivos porque así como cando Israel vese obrigado a respostar aos ataques e provocacións terroristas de Hamás ou Hezbollah debe facelo co freo de man posto obrigado pola crítica, falta de sensibilidade e solidariedade internacional, unha ofensiva militar israelí contra Estado islámico con certeza atoparía o "apoio" desta mesma comunidade internacional timorata a hora de enfrontarse cara a cara aos islamitas.

No ano 2014 un xornalista alemán, Jurgen Todenhofer, conseguiu infiltrarse e convivir durante dúas semanas entre mandos de ISIS, e posteriormente contou -textualmente- que "o Exército israelí cáusalles pavor". Porque os yihadistas saben que "o Exército israelí é demasiado forte e experimentado".

En definitiva se ISIS non ataca dentro de Israel o nas súas fronteiras é simplemente porque non pode. O ISIS é salvaxe, sanguinario e xenocida, pero non imbécil.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine