Que facer cando calquer bandeira, intereses, beneficio e benestar dos países capitalistas importan máis cas vidas de nenos que fuxen cós seus pais dunha guerra que non buscaron e cas bombas que destrúen os seus fogares sen saber que mal fixeron.

Que facer cando o dór e o aldraxe que as imáxenes dun neno morto na praia soio nos durou un telexornal, pois despois de ese neno viñeron moitos máis que morreron fuxindo da mixeria, o fame e a guerra na procura dun paraíso que soio existe na conciencia dos especuladores e mafiosos gañando cartos a costa do dor e a miseria dos máis desfavorecidos.

Aterecidas de frío, enchoupadas na lameira cunha bolsa de plástico protexendo os pes da fría auga da choiva, cos ollos abertos da cor da tristura ollando para un ceo do que non cae o mana salvador, cas bágoas esvarando polas meixelas das mans das súas nais agarradas dun pau para cruzar un río que non leva a ningunha parte, como bonecas rotas de trapo ante a indiferencia dos países que protexen seu estado de benestar pondo valados de arames de espiños, como se en vez de seres humans foran animais ou truxeran a peste.

Na praza da miseria rebuscando paus, bolsas de plástico e papeles para facer un lume para quentarse os cativos arredor dunha fogueira botando bafaradas de fume pola boca polo frío, as nais de peitos sen leite pelexando por poder darlle algo quente aos seus fillos namentres os homes mendigan un anaco de pan fuxindo do pranto dos fillos con fame ca impotencia de non ter nada para darlles e os avós afeitan a cabeza dos nenos ante a chegada dos piollos.

Todos os países da Europa do benestar tivemos guerras e fumos refuxiados nalgún intre da historia. Que pensariamos se daquela nos pecharan as portas con concertinas, ou a historia soio está para o que nos interesa. Hungría foi un dos primeiros países que tivo refuxiados e agora pecha as súas fronteiras. Ninguén deixa o seu fogar porque quere, os refuxiados tiñan o seu fogar, o seu traballo, os campos para arar a terra, os nenos ían á escola e tiñan xoguetes, non son nómadas porque queiran,os bombardeos de países amigos e enemigos os obrigaron a fuxir sen nada deixando o pouco que tiñan para salvar as súas vidas, non podemos mirar para outro lado consentindo un éxodo de seres como se nos quedara lonxe e non fora con nós.

E un feito simbólico que nada fai por millorar os refuxiados pero eu estou dacordo en arriar unha bandeira de unha Europa que non nos representa sen humanidade que soio defende ós máis poderosos que non defenda os dereitos humanos e os máis desfavorecidos favorecendo o capitalismo máis cruel, poideran facelo pero non no noso nome.

Decía Benedetti: "Sen querer metinme nunha utopía e alí quedei. Íamos cara ao ceo o mar eo monte e non puidemos saír. Criabamos futuro a rentes do alma e non poidemos saír".