Cando o ser humano aparece na terra, e unha vez que vai satisfacendo as súas necesidades primarias, trata de buscar as razóns da súa existencia; empeza a diferenciarse dos demáis animais. Nace a filosofía. Primeiro, parece ser en Oriente, logo o mundo clásico, Grecia e Roma, que é esplendor do discurso da sabiduría, que será transmitido ó mundo occidental, no que nós estamos metidos.

A filosofía é o amor pola sabiduría. Estudia a variedade de problemas esenciais como a existencia, verdade, moral, beleza, mente, linguaxe? É, polo tanto, fundamental na vida das persoas.

Hai un vello aforismo romano contra os filósofos metafísicos na busca da verdade absoluta, desentendíanse un pouco da realidade inmedía. "Primum vivere, diende philosofari" ('vivir primeiro e logo filosofar'). Está claro que non podemos deixar de lado as necesidades vitais para nosa supervivencia, pero eso non quita que a filosofía, aínda que pareza raro, é utilísima para o noso desenrolo persoal.

A filosofía ten moitas ramas, pero eu quero hoxe citar a dúas. A ética que trata da moral, a virtude, o deber, a felicidade e do ben vivir. Tal estudio enriquecería a persoa cos verdadeiros valores que lle son propios. Outra é a política, que estudía cómo debería ser a relación entre os individuos e a sociedade. En concreto os gobernos, leis, dereitos, poder, e demais institucións prácticas políticas. Escollín estas porque penso que as necesitámos con urxencia polo que estamos a ver nestes momentos e tempos.

Hai que ter en conta que é intrínseco á persoa ser feliz. O ser humano a través da historia sempre se puxo un centro no que atoparía a súa felicidade. Para os antigos sabios era o saber. Digamos que tiñan algo polo que guiarse. Ás veces dicimos que perdémolo o norte cando andamos un pouco descamiñados.

Penso que é unha necesidade que a filosofía estea nas aulas sempre; é imprescindible para unha formación humana integral. En ningún programa educativo debería de faltar.

Quero soñar que o estudo e afección pola filosofía ética e política daría un resultado de gobernantes de ben, e individuos con valores humanos suficientes para construir unha sociedade na que todo o mundo se sinta feliz.