Fai dous anos e medio, as Xuventudes Socialistas de Redondela xunto coa actual deputada Carmela Silva, propuxémonos como obxetivo recuperar o nome e a memoria de Alejandro Otero Fernández, este redondelán ilustre, nado en 1888, afamado médico e catedrático que foi rector da Universidade de Granada en 1932.

Na parte política foi unha peza clave na historia do S. XX, deputado en Cortes polo PSOE, compromisario para a elección do presidente da República, subsecretario de Armamento, vicepresidente do PSOE…

En Granada é ben coñecido, alí ten unha rúa, unha cátedra de investigación e unha Fundación. Aquí, na miña vila, dende o 2010 sabemos máis del. No 2010 fixémoslle unha homenaxe no cemiterio dos Eidos, no 2011 fixemos unha exposición da súa vida en Redondela, así como unha conferencia impartida polos seus biógrafos, Enriqueta e Fernando, e no 2012 o PSOE de Redondela, a petición das Xuventudes, levou o pleno unha moción para o nomeamento dunha praza co seu nome.

A corporación acordouna por unanimidade. Quero agradecer ó PSOE local, á Corporación Redondelá, así como o Colectivo Republicano de Redondela e a Asociación Cultural Alén Nós o apoio recibido.