O problema non é o microchip

José Alfredo Pereira Martínez

 02:18  

A Organización Galega de comunidades de montes (Orgaccmm), sempre tivo claro, que na polémica xurdida ante a intención da Consellería do Medio Rural de regular o aproveitamento do gando equino, o problema para os propietarios de este gando, non era a colocación dos microchips ós cabalos. Esto e somentes unha disculpa. O problema e que poñen en cuestión a titularidade dos veciños e das veciñas comuneiros sobor os montes veciñais. O problema e que estes propietarios de gando, conxuntamente con algunha que outra asociación medioambiental, defenden que os veciños e veciñas comuneiros, non teñen direito a decidir os aproveitamentos nos seus montes.
Os propietarios do gando equino, en información publicada no Faro de Vigo do día 20 de novembro de 2011 (querrían facerlle un homenaxe o dictador Franco?), por medio da Asociación Monte da Groba, sacaron a careta. Sacaron a careta e manifestan o que de verdade pretenden, que as comunidades de montes non poidan, nas súas titularidades, decidir o seu aproveitamento. E para defender esta animalada, mesmo poñen en custión a legalidade das comunidades de montes.
Estes pequenos dictadores que agora co seu prantexamento, situanse na ideolixia franquista (se cadra, nunca sairon dela), e reclaman a usurpación dos montes veciñais aos seus lexitimos titulares, os veciños e veciñas comuneiros. Sacarllos as comunidades de montes para entregarllos, seguramente, os concellos. O franquismo, tamén intentou roubarlle os montes veciñais aos seus lexítimos titulares, e fracasou. Como fracasaredes vos… Porque o monte veciñal é unha titularidade comunitaria, nen pública, nen privada. Porque é unha seña de identidade do noso Pais. Porque perteñece os veciños e veciñas comuneiros e polo tanto, se no los vides a sacar, connosco vos ides atopar.
A Organización Galega de comunidades de montes (Orgaccmm), entende que o Decreto que está a elaborar a Consellería do Medio Rural para regular o aproveitamento do gango equino ten cousas que millorar (a nosa organización presentoulle ahegas). Mais si ten unha cousa clara que nos defendemos e que todo o gando que paste nos montes veciñais (os cabalos, tamén) ten que estar autorizado, identificado, saneado e ordenado. Apostar polo caos, como fan os propietarios do gando equino e algunha que outra asociación medioambiental é impedir o logro de un monte veciñal multifuncional e sustentable.
Para aqueles que se adicaban a roubar gando, a estragar pastos alleos, a non respetar as titularidades e a aplicar a lei da selva, a historia deixou grabado un nome: cuatreros.
O Pte. Da Orgaccmm.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Elecciones Generales 2011