O señor conselleiro do Medio Rural, señor Juárez, di que todas as bestas (cabalos de monte) deben de estar identificados. Os presidentes de varias comunidades de montes do entorno de Pontevedra opinan igual e nós tamén (Asociación de Cabalos de Monte).

Coincidimos todos en que os cabalos de monte deben de estar identificados, solo que nós non aceptamos o elevadísimo coste dos microchips.

Recordámoslle ao señor conselleiro e ao director xeral, señor Álvarez Robledo, que nunha entrevista que tivemos con eles nesta primavera nun despacho do Parlamento, comprometéronse a facer unha consulta xurídica para buscar unha alternativa máis económica que os microchips, sen descartar unha alternativa que propuxemos nós, as asociacións cabalares.

Tamén se comprometeron a actuar de mediadores con aquelas comunidades de montes que ofrecesen dificultades para pechar camiños e zonas de baixada dos cabalos con alambradas, cancelas e pasos canadienses. Agora teñen unha ocasión de ouro para facilitarnos estes necesarios permisos para peches, que facendo.

Non nos opoñemos, en absoluto, á identificación, todo o contrario. Tampouco ós microchips, senon aos precios. Quede claro.