Queixas en Amoedo

Jorge Alvarez García en nome da Xunta Directiva da AA.VV. de Amoedo

 

Nun reino non tan remoto, chamado Pazos de Borbén, un grupo de sabios gobernadores municipais, valentes e afoutos, loitan contra o sentido común haxa vento ou marea. Teñen por fortaleza a casa consistorial, casa onde callan as súas grandiosas ideas. Parte desas maxestosas manifestacións do pensamento exprésanse co seu maior esplendor na parroquia de Amoedo, desta vez e para gloria dos seus promotores, na imposición dun tanatorio.

Facendo caso omiso aos veciños do lugar e ao bo rexo en particular, construirán o tanatorio preto das vivendas; da escola de párvulos; da Casa dos Xubilados; dun restaurante; dunha pista deportiva; da Casa Cultural e Veciñal de Amoedo; dun lavadoiro público; dun parque de xogos infantil; do torreiro da festa e sabendo estes sabios o importante que é a risa para manter un ambiente agradable no seu reino, poñen o seu toque persoal de humor negro construíndoo tamén preto dunha residencia de anciáns. Deben crer estes sabios mandatarios que o que eles fan, ben feito está, porque nós, veciños de Amoedo… xente de aldea, non debemos estar capacitados para decidir sobre o porvir da nosa parroquia, por iso eles deciden o qué, como, onde e cando.

Desde a Comunidade de Montes de Amoedo, ofrecéuse-lle ao goberno municipal do Concello de Pazos de Borbén, terreo comunal desta parroquia para que situaran o tanatorio noutro lugar máis axeitado. Déuselles a escoller o lugar que eles quixeran, pero estes desbotaron tal oferta sen que tomaran as máis mínimas molestias de explicarnos os motivos de tal decisión.

A Asociación de Veciños, pola súa banda, mantivo unha xuntanza co señor alcalde do Concello de Pazos de Borbén, intentóuselle explicar porqué o sitio escollido non era o máis apropiado. Durante esa conversa preguntóuselle se lle gustaría ter un tanatorio enfronte da súa casa. Dixo que non vía ningún problema. Claro está, ante esta resposta que amosaba tanta predisposición, non puidemos desaproveitar a ocasión de pedirlle que o trasladara para diante do seu fogar. Só obtivemos como resposta a tal petición, que o señor alcalde baixara a mirada para a mesa sen dicir palabra, ousexa “Non dixo nin muu!” Cando rematou a xuntanza tiñamos a sensación de ter falado coas paredes.

Non é que os que vivamos en Amoedo esteamos en contra do tanatorio. Só queremos que as cousas se fagan aplicando unha regra básica. A regra do sentido común.

A posible falta de espazo físico doutras vilas, non xustifica que se teña que facer o mesmo neste concello, cando non é terreo o que falta senón vontade política para facer ben as cousas. Non se pode construír por calquera sitio calquera cousa simplemente por dicir que “fago algo” ou por evitarse andar con papelame para buscar un sitio mellor.

En Amoedo seguemos crendo que as cousas se poden facer mellor pero a falta de respecto e consideración por parte do grupo municipal de goberno que cree que pode facer e desfacer ao seu antollo por obra e graza divina faino imposible.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya