En relación ao artigo que titulado “Lydia Kuper”asina nas páxinas do FARO DE VIGO o sr.Xosé Luís Méndez Ferrín,o pasado venres día 5 do mes que andamos,e por alusións, quero facer unha acho imprescindíbel aclaración.Feita desde o respecto e admiración sincera pola figura literaria do autor que sen dúbida é parte non só do máis grande da literatura galega de todos os tempos,senón incluso da literatura europea.Mais a súa enorme calidade como orfebre da palabra non evita que cometa algunha inexactitude.No devandito artigo o Sr.Ferrín di textualmente:“O sionismo e os amigos de Israel en Galicia nunca falaron destes xudeus galegos”. Ten razón no que atinxe aos casos que no seu texto menciona. Mais pode ter claro o Sr.Ferrín que o motivo foi simplemente o descoñecemento. Como estou seguro que o Sr.Ferrín non tratou nunca nos seus artigos os casos das Irmás Touza ou do insigne médico vigués Eduardo Martínez Alonso,que durante a II Guerra Mundial salvaron a centos de xudeus que fuxían da barbarie nazi,foi sen dúbida por descoñecemento. A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) que teño a honra de presidir,ten só 2 anos de singladura.O traballo desenvolvido na procura da recuperación da nosa memoria histórica é abondoso e constante.Mais o tempo na súa teimuda ditadura fai imposíbel abordar todo o traballo pendente en só dous anos.Quero aproveitar este espazo para convidar ao Sr.Ferrín a participar con AGAI en algún acto de recoñecemento de casos como os que trata no seu artigo.Fica a nosa asociación aberta a colaborar con vostede e anímao a continuar co seu didáctico e imprescindíbel traballo de divulgación de páxinas negras da nosa historia como o caso que “Lydia Kuper”.