Hai que recoñecelo,actualmente en Galicia co asunto da lingua temos un problema e xa é hora de que o afrontemos collendo o touro polos cornos. O máis práctico sería, que por decisión popular,o galego desaparecese. De feito é unha realidade que de non ter dous idiomas, cos cartos que aforramos,hoxe poderiamos ter AVE ou máis autovías. Pero como vexo moi improbable isto, teremos,como pobo,que optar pola única solución que garante a convivencia pacífica de tódolos galegos. Esta opción non é outra que a de procurar o verdadeiro bilingüismo. Xa está ben de asociacións tipo Galicia Bilingüe, sexamos serios e deixémonos de prostituír o idioma (galego e castelán) usándoo para os nosos intereses políticos. Galicia Bilingüe basa la defensa de la libertad y de los derechos de los ciudadanos en la idea de que la mayor libertad se obtiene cuando uno decide el idioma en el que estudian sus hijos. Pues bien, esta idea está totalmente equivocada y de desarrollarse sólo serviría para llevar a este país a una división irreconciliable (véase lo que ha ocurrido en Bélgica entre los Flamencos y los Valones, que están a punto de dividir su país en dos por culpa del idioma principalmente). La libertad no reside en la capacidad de elegir sino en la capacidad de poder ejercer el derecho que has elegido. Para que un idioma pueda servir de vehículo de comunicación tienes que saber hablarlo y la otra persona tiene que entenderte.Por el contrario,si la tesis de Galicia Bilingüe fuese aceptada, se puede dar una situación tan triste como la de que, dentro de esa libre elección, sólo una minoría elija educar a sus hijos en uno de los dos idiomas. En ese caso, esa minoría quedaría marginada en su actividad diaria por no poder entenderse con casi nadie. A verdadeira liberdade é que ti teñas o teu idioma pero que o resto dos cidadáns tamén o coñezan. Pero ollo,cando digo coñecer, refírome a un equilibrio total coa mesma riqueza lingüística. En consecuencia,non nos queda outra que aceptar que hoxe por hoxe unha educación de mergullo forte no galego é imprescindible. Señores de Galicia Bilingüe, os galego falantes saben falar perfectamente castelán mentres que os castelán falantes, nunha grande maioría,falan galego coma indios, e !!Iso coarta a miña liberdade!! A poboación castelán falante precisa, de xeito urxente, alfabetizarse en galego para que todos sexamos libres e poidamos falar galego aló onde vaiamos,como poden facer agora mesmo vostedes. Señores, por el bien de este país, tenemos que aprender a ser bilingües, pero bilingües de verdad, sean honestos y consecuentes con el nombre de su organización y empiecen a defender los derechos lingüísticos, pero de todos, no sólo de unos cuantos. Julio Doamo Vázquez, bilingüe Vigo — — España coma Estados Unidos Moitas veces teño escoitado como nos mofamos dos americanos porque alí,ata os cans levan un arma. Moi ben, será certo.O caso é que a fin de semana,teño por costume dar unha boa volta polo monte.É un dos momentos da semana máis agardados. É un dos momentos de distracción,case de esquecemento de obrigas, horarios axustados e xantares polo aire. Pois para a miña sorpresa, durante un dos meus paseos,vinme asaltado por uns cinco-seis cans.E para rematalo, saltaron correndo do monte ó camiño 3 tipos disfrazados de Rambo coa escopeta na man. Que cada un pense como puido rematar o conto.E nesa mesma fin de semana,un cazador tíralle a un compañeiro polas costas. En Francia un ciclista leva un tiro.E non será que non somos tan distintos dos americanos? O monte é de todos,e cabemos todos.A realidade é que, durante medio ano,o monte é para os do disfraz de Rambo.O monte está cheo de escopetas sen ningún tipo de control. E se a alguén lle parece esaxerado, que suba un domingo a dar unha volta a ver se é quen de baixar do coche.